Boletín CdR (pleno 166) | Resultados do pleno do Comité das Rexións

28/05/2025 |

A mediados de maio, o Comité Europeo das Rexións celebrou o seu terceiro pleno do ano no que adoptou as súas prioridades políticas para o mandato 2025-2030 e emitiu dúas importantes resolucións no actual debate comunitario: unha sobre a revisión intermedia da política de cohesión e outra sobre o futuro orzamento da UE.

Participaron nel 16 representantes autonómicos, entre os que destacan os presidentes de Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha, Navarra e Canarias, así como os alcaldes de Badalona, Soria e Barcelona, este último como relator dun ditame sobre o futuro plan europeo de vivienda asequible. Outros catro ditames foron aprobados en relación cos retos do persoal sanitario, a vinculación entre a política de cohesión e as reformas esixidas a nivel europeo, o papel das cidades na política de cohesión e o reforzo da posición dos agricultores nas cadeas agroalimentarias.

Entre os debates de alto nivel celebrados, destaca o relativo ao Espazo Europeo de Investigación, coa comisaria do ramo, e o da cooperación a nivel subnacional entre a UE e o Reino Unido, días antes do primeiro cumio entre as dúas potencias tralo brexit na que se selaron importantes acordos. E como debates sobre asuntos locais, tratouse a protección das infraestruturas enerxéticas críticas –con ampla participación española–, a diversidade LGTBIQ+ na UE e a situación das rexións montañosas.

Boa lectura!

 

CdR 162

© Fundación Galicia Europa