Actualidade

Portada » Actualidade » Boletín electrónico FGE » 2021

 

Boletín 24º | Recuperación económica da UE

22/07/2021 |

Neste novo número analizamos dende un punto de vista galego os regulamentos dos fondos 2021- 2027 que veñen de ser publicados. Trátase dos fondos estruturais (FEDER e FSE+), do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) e dos futuros regulamentos da Política Agraria Común a partir de 2023, que acaban de obter o acordo político das institucións colexisladoras.  

Aínda que as asignacións a Galicia estean por determinar, a publicación dos regulamentos facilita ás administracións avanzar na programación dos fondos de xestión compartida como o FEDER, o FSE e o FEMPA. Estes acordos finais poñen fin a máis de tres anos de debate en Bruxelas que, dende a FGE, seguimos de preto para defender os intereses galegos, tal e como se recolle na nosa memoria anual de actividades 2020, recentemente aprobada.  

Tamén nos fixamos no novo Mecanismo Conectar Europa, que introduce a extensión do Corredor Atlántico ata Galicia, e na aprobación final do plan de recuperación español para a execución de 69.500 millóns de euros do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.  

Dentro do noso compromiso co Pacto Europeo polo Clima, levamos a Santiago de Compostela unha exposición sobre o Pacto Verde e organizamos un encontro virtual sobre o novo enfoque sostible que a UE quere dar a todas as actividades económicas relacionadas co mar. Tamén anunciamos neste número o ambicioso paquete “Obxectivo 55”, chamado a introducir importantes cambios na nosa vida cotiá para reducir a emisión de gases contaminantes.  

Santiago acollerá unha reunión do Comité Europeo das rexións no ano Xacobeo 2022