Boletín 22º | Recuperación económica da UE

18/05/2021 |

A celebración do Día de Europa este ano foi especial pois serviu para inaugurar o gran proceso de reflexión sobre cal é a Europa que queremos. Unha asemblea composta por 400 representantes debaterán as propostas resultantes dos foros de debate celebrados en toda a UE e recollidas a través dunha plataforma dixital. En Galicia, organizamos un primeiro encontro coa xuventude, público preferente neste gran exercicio que aspira a converter as esperanzas e preocupacións dos cidadáns en propostas realizables.

Namentres, a UE continúa coa súa axenda actual na que a emerxencia climática, a transformación dixital e a competitividade das economías europeas son unha prioridade. Así o demostra a futura Lei Europea do Clima, que acaba de obter o acordo dos colexisladores, e o Mecanismo de Transición Xusta, que axudará a facer fronte aos prexuízos sociais e económicos derivados da transición cara unha economía de cero emisións. Por outro lado, novas estratexias en materia dixital e de desenvolvemento industrial fixan ambiciosos obxectivos para axudar aos Estados membros na súa recuperación económica.

Dende unha perspectiva galega, neste boletín recollemos varios temas que están a debate como a prevención de incendios forestais, os acordos de colaboración con terceiros países sobre pesca sostible ou a revisión da directiva de deseño ecolóxico.

Por último, anunciamos a primeira edición dirixida ás empresas do noso programa TecEuropa e animamos a participar na Semana Europea da Xuventude e na Semana Verde Europea que se celebran proximamente.

 

Santiago acollerá unha reunión do Comité Europeo das rexións no ano Xacobeo 2022