Bolsas e axudas
Portada » Actividades » Bolsas » 2025 »Axudas para asistir á 22ª edición de TecEuropa (xuño | Bruxelas)
A Fundación Galicia Europa (FGE) organiza a 22ª edición de TecEuropa, o seu curso de especialización en financiamento comunitario.
A vindeira edición terá lugar en Bruxelas do 25 ao 27 de xuño de 2025. Por segunda edición consecutiva a FGE volverá sufragar a viaxe e estadía en Bruxelas durante a formación a 20 participantes.
- O 6 de marzo, o Diario Oficial de Galicia publicou a orde aprobada o 28 de febreiro de 2025 pola que autoriza á Fundación Galicia Europa a conceder subvencións dentro do programa TecEuropa en 2025.
- O 19 de marzo, o Diario Oficial de Galicia publicou o anuncio da convocatoria para solicitar as axudas para sufragar os gastos da viaxe e estadía en Bruxelas. O prazo de solicitude das mesmas será dun mes contado a partir do día seguinte ao do anuncio. Entenderase por tanto que o prazo comeza o 20 de marzo e esténdese ao 21 de abril (por ser o día 20 de abril domingo). A inscrición debe realizarse na sede electrónica da Xunta de Galicia a través desta ligazón (código do procedemento: PR816A).
- O 25 de abril publicouse na web da Fundación Galicia Europa a relación provisional das persoas admitidas e excluídas para poder beneficiarse das axudas. Establécese un prazo de 10 días hábiles a partir do da publicación para que as persoas excluídas poidan presentar emendas. Dito prazo comezou o 28 de abril e rematou o 12 de maio.
- O 15 de maio publicouse na web da Fundación Galicia Europa a relación definitiva das persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección.
- O 15 de maio publicouse na web da Fundación Galicia Europa a relación provisional de persoas beneficiarias e suplentes das axudas. Establécese un prazo de 3 días hábiles a partir do da publicación para presentar emendas. Dito prazo remata o martes 20 de maio.
- O 22 de maio publicouse na web da Fundación Galicia Europa a relación definitiva das persoas beneficiarias e suplentes das axudas. Unha vez notificadas, as persoas beneficiarias contan con 10 días hábiles (ata o venres 6 de xuño incluído) para aceptar ou rexeitar a axuda. A aceptación ou renuncia debe facerse a través do formulario que podes atopar neste enlace.
Documentos para descarga
- Formulario de solicitude do reembolso dos gastos.
- Declaración responsable para o reembolso dos gastos.
- Formulario de aceptación ou renuncia ás axudas.
- 6 3 25 Autorización á FGE para conceder subvencións dentro do programa TecEuropa en 2025.
- 19 3 25 Convocatoria das axudas para asistir á 22ª de TecEuropa.
- 25 4 25 Relación provisional das persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección.
- 15 5 25 Relación definitiva das persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección.
- 15 5 25 Relación provisional das persoas beneficiarias e suplentes das axudas.
- 22 5 25 Relación definitiva das persoas beneficiarias das axudas.