Bolsas e axudas
Portada » Actividades » Bolsas » 2024 »Axudas para asistir á 21ª edición de TecEuropa (11-14 de novembro | Bruxelas)
A Fundación Galicia Europa (FGE) organiza a 21ª edición de TecEuropa, o seu curso de especialización en financiamento comunitario onde recupera o formato presencial despois de cinco anos.
A vindeira edición terá lugar en Bruxelas entre o 11 e o 14 de novembro e 20 persoas poderán beneficiarse das axudas para sufragar a viaxe e estadía en Bruxelas durante a formación.
- O 19 de agosto, o Diario Oficial de Galicia publicou o anuncio da convocatoria, dando comezo a un prazo de inscrición que se estende ata o 19 de setembro e que debe realizarse en la sede electrónica da Xunta de Galicia a través desta ligazón (código do procedemento: PR816A). As bases reguladoras da convocatoria publicáronse no Diario Oficial de Galicia o 7 de agosto.
- O 23 de setembro publicouse na web da Fundación Galicia Europa a relación provisional das persoas admitidas e excluídas para poder beneficiarse das axudas. Establécese un prazo de 10 días hábiles a partir do da publicación para que as persoas excluídas poidan presentar emendas. Dito prazo comeza o 24 de setembro e remata o 7 de outubro.
- O 8 de outubro publicouse na web da Fundación Galicia Europa a relación definitiva das persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección.
- O 8 de outubro publicouse na web da Fundación Galicia Europa a relación provisional de persoas beneficiarias e suplentes das axudas. Establécese un prazo de 3 días hábiles a partir do da publicación para presentar emendas. Dito prazo remata o venres 11 de outubro.
- O 14 de outubro publicouse na web da Fundación Galicia Europa a relación definitiva das persoas beneficiarias e suplentes das axudas. Unha vez notificadas, as persoas beneficiarias contan con 3 días hábiles (ata o xoves 17 incluído) para aceptar ou rexeitar a axuda. A aceptación ou renuncia debe facerse a través do formulario que podes atopar neste enlace.
Documentos para descarga
- Formulario de solicitude do reembolso dos gastos.
- Declaración responsable para o reembolso dos gastos.
- Formulario de aceptación ou renuncia ás ayudas.
- 14 10 24 Relación definitiva das persoas beneficiarias das axudas.
- 8 10 24 Relación provisional das persoas beneficiarias e suplentes das axudas.
- 8 10 24 Relación definitiva das persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección.
- 23 9 24 Relación provisional das persoas admitidas e excluídas ao proceso de selección.
- 19 8 24 Convocatoria das axudas para asistir á 21ª de TecEuropa.
- 7 8 24 Bases reguladoras da convocatoria para asistir á 21ª de TecEuropa.