Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Aumento do orzamento do programa Europa Creativa para apoiar aos sectores culturais e creativos

Aumento do orzamento do programa Europa Creativa para apoiar aos sectores culturais e creativos

17/01/2022 |

A mediados do mes de xaneiro a Comisión Europea adoptou o novo programa de traballo para o ano 2022 do programa Europa Creativa cun orzamento total de 385 millóns de euros para facer fronte aos retos derivados da crise da COVID-19 e abordar cuestións crave que afectan os sectores culturais e creativos.

 

Bruxelas, 17 de xaneiro de 2022.-A Comisión vén de adoptar o programa de traballo de 2022 de Europa Creativa, que irá seguido pola publicación das convocatorias de propostas pertinentes. Cun orzamento duns 385 millóns de euros, case 100 millóns máis que en 2021, Europa Creativa reforza o seu apoio aos socios dos sectores creativos e culturais para abordar debidamente os retos derivados da crise de COVID-19 e da crecente competencia mundial. 
 
 

Europa Creativa

  • capítulo CULTURA do programa incluirá novas convocatorias e iniciativas para os sectores da música, o patrimonio cultural, as artes escénicas e a literatura. Ademais, porase en marcha un programa de mobilidade que ofrecerá a artistas, creadores ou profesionais da cultura a oportunidade de viaxar ao estranxeiro para o seu desenvolvemento profesional ou para establecer colaboracións internacionais, así como para atopar novos públicos, coproducir, cocrear ou presentar o seu traballo.
  • capítulo MEDIA céntrase no sector audiovisual e introduce varias novidades como a financiación e apoio ao desenvolvemento de videoxogos innovadores e experiencias de realidade virtual. Unha nova acción denominada «MEDIA 360 graos» centrarase nos principais foros industriais que interactúan coas empresas ao longo de toda a cadea de valor do sector audiovisual. Para seguir impulsando a innovación, porase en marcha a pasarela de comercialización do subprograma MEDIA para as empresas emerxentes prometedoras. A colaboración entre festivais cinematográficos se reforzará a través das redes.
  • Por último, o capítulo INTERSECTORIAL aumentará o financiamento destinado ao Laboratorio para a Innovación Creativa en relación cos proxectos de innovación conxuntos nos que participen varios sectores creativos, contribuíndo á nova Bauhaus europea. Tamén se ampliará o apoio aos medios informativos a través de medidas adicionais para fomentar a súa liberdade.
 
Os proxectos financiados polo capítulo MEDIA deberán aplicar estratexias de  ecoloxización e de diversidade, como o equilibrio de xénero. Polo tanto, Europa Creativa ha de contribuír ás prioridades da UE en materia de sustentabilidade e inclusión. O programa tamén inclúe iniciativas en relación con outras prioridades da UE, como a contribución á Estratexia da UE para combater o antisemitismo e fomentar a forma de vida xudía, ou ao Ano Europeo da Xuventude.
 
Igualmente, se insta aos sectores culturais e creativos a utilizar CulturEU, a guía en liña na que se poden consultar todos os fondos da UE dispoñibles. Na actualidade o sitio web reúne un total de setenta e cinco oportunidades de financiamento de 21 programas diferentes da UE, como son Europa CreativaHorizonte Europa, os fondos estruturais ou InvestEU
 
 

Contexto

O orzamento total dispoñible para Europa Creativa 21-27 ascende a uns 2 400 millóns de euros, o que supón un aumento do 63% en comparación co período 2014-2020. Este aumento do orzamento reflicte o compromiso da UE coa recuperación e a promoción da resiliencia no sector para os próximos anos.
 
O programa ten tres capítulos: o capítulo CULTURA, que abarca todos os ámbitos dos sectores culturais e creativos, excepto os sectores audiovisuais e informativos; o capítulo MEDIA, que apoia aos sectores audiovisuais e cinematográficos; e o capítulo  INTERSECTORIAL, que ofrece oportunidades de colaboración  intersectorial.
 
Os organismos públicos e privados activos nos sectores creativos poden solicitar financiamento coa axuda das oficinas Europa Creativa, con sede en todos os Estados membros e terceiros países asociados ao programa. Os detalles sobre as accións concretas e os respectivos prazos de presentación de solicitudes pódense atopar no sito específico.
 
Máis información
 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data