Tras unha longa xornada de traballo en Vila Nova de
Cerveira (Portugal), un equipo de especialistas en proxectos
transfronteirizos impulsou o desenvolvemento de 14 proxectos para a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Vila Nova de
Cerveira, 10 de decembro de 2019. Proseguindo co seu obxectivo de
promover o desenvolvemento económico transfronteirizo,o proxecto
”Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento novo
transfronteirizo”, LIDERA, está a desenvolver as Xornadas
LIDERA en Vila Nova de Cerveira. A finalidade desta actividade é a
de dar soporte a aquelas persoas que estean a desenvolver un proxecto
de cooperación transfronteiriza, especialmente aqueles creados por
mozos emprendedores da zona.
Estas xornadas son o resultado de
semanas de traballo, nas que unha vintena de especialistas compostos
por representantes do Concello de Tomiño, incluíndo á súa
alcaldesa Sanda González Fernandez, a Fundación Galicia Europa, a
Cámara de Comercio de Santaigo, a Comunidade Intermunicipal do AVE,
a AECT Galicia-Norte de Portugal e consultores especializados no
desenvolvemento de proxectos transfronteirizos, estudaron 14
proxectos diferentes. Tras esta fase previa o equipo de expertos
pasou a resolver as dúbidas de cada un dos participantes,
compartindo o seu coñecemento e achegando solucións para dar forma
a cada un dos proxectos presentados.
Esta análise pormenorizada sobre a viabilidade dos proxectos resolveuse co acondicionamento dos
mesmos para a súa presentación a aquelas liñas de financiamento
europeas específicas para a súa implementación e coa presentación
de bolsas para os novos asistentes. Durante os próximos meses LIDERA
seguirá traballando en colaboración cos participantes, realizando un
seguimento individualizado de cada un dos proxectos, monitoreando a
súa evolución e resolución para facilitar a súa implementación
efectiva.