APROBACIÓN EN PRIMEIRA LECTURA DA BASE LEGAL DA POLÍTICA DE COHESIÓN NO PLENO DO PE

Introducción
A proposta da Comisión para as perspectivas financeiras 2007-2013, adica para a política estrutural un volume global de fondos, a prezos do ano 2004, duns 336.300 millóns de euros (344.900 se se inclúen os gastos administrativos). Esta cantidade supón un 0.41% da RNB dunha UE a 27, cifra que recibiron o apoio do Comité de Rexións (CdR) e do Parlamento Europeo (PE) en base ao Ditame Böge sobre as futuras Perspectivas Financeiras 2007-2013 (PPFF) aprobado na Comisión Temporal ad-hoc correspondente. Sen embargo conforme á última proposta da Presidencia luxemburguesa -en xuño de 2005- esta cifra rebaixábase de cara ao falido Consello Europeo de verán até un 0.36% da RNB (o redor de 35.000 millóns menos).


Base legal da Política de Cohesión 2007-2013
A estrutura da política de cohesión queda dentro da liña 1 das PPFF, ”Crecemento sosteníbel”, que se divide á súa vez en Liña 1a. “Converter Europa nunha Economía dinámica e baseada no coñecemento e orientada cara o crecemento” que é a dotación orzamental para cumprir cos obxectivos de Lisboa, e –a verdadeira política de cohesión- a liña 1b.denominada ”Cohesión para o crecemento e o emprego” ou “Consolidar a Cohesión”.
A proposta da Comisión que desenvolvía as PPFF nesta liña 1b simplificaba o número de instrumentos utilizados para a financiar, pasando dos cinco actuais a tres. Estrutura ista, que será regulada por vía de cinco Regulamentos:
1.Regulamento xeral, que se aplica ao Fondo de Cohesión, ao FSE e ao FEDER e que debe ser aprobado por unanimidade do Consello con ditame conforme do PE.
2.Regulamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) (codecisión)
3.Regulamento do Fondo Social Europeo (FSE) (codecisión)
4.Regulamento do Fondo de Cohesión (por procedemento de consulta)
5.Regulamento que establece unha Agrupación europea de cooperación transfronteriza (AECT)
A maiores crease un novo Fondo de Desenvolvemento Rural que está agora á marxe da política de cohesión en sentido estrito e existirá un Regulamento da Comisión (en lugar de cinco) para aspectos específicos dos regulamento sen relación coa subvencionabilidade (simplificados) que deberán ser incorporadas nos Regulamentos Xeral e específicos.


Ditames do Pleno do PE
Na sesión plenaria de xullo no PE aprobáronse os ditames requiridos do PE sobre os cinco regulamentos mencionados, baseándose , en grande medida, nos ditames das Comisións parlamentarias correspondentes do PE (Desenvolvemento Rexional e Emprego). Estes ditames apoian, en xeral, as propostas da Comisión Europea.


Merecen especial mención os ditames elaborados por:
1.O Sr. Konstantinos Hatzidakis (PPE-GR), Regulamento Xeral de Fondos en procedemento de ditame conforme;
2.O Sr. Claudio Fava (PSE, IT), Regulamento FEDER en primeira lectura do PE do procedemento de codecisión.
3.O Sr. Alfonso Andria (ALDE, IT), Regulamento do Fondo de cohesión, en procedemento de consulta.
Tamén se aprobou en primeira lectura o Ditame sobre o Regulamento do FSE, elaborado na Comisión de Asuntos Sociais e Emprego por José Albino Silva Peneda (PPE, PT) e o informe de Jan Marian Olbrycht (PPE, PL) sobre a proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello relativo á creación dunha agrupación europea de cooperación transfronteriza (AECT).