Actualidade

Portada » Actualidade » Análise FGE da actualidade comunitaria » Cara uns solos sans e resilientes na UE

Cara uns solos sans e resilientes na UE

01/07/2024 | ,

O solo é a base dos nosos sistemas alimentarios. Proporciona auga limpa e hábitats para a biodiversidade ao tempo que contribúe á resiliencia climática. Actualmente está a debate unha nova directiva de vixilancia do solo, coa que se pretende establecer un marco común na UE para a súa protección e restauración. Galicia xa conta dende 2021 cunha lei de Residuos e Solos Contaminados que establece responsabilidades para produtores e xestores de residuos.

A futura directiva europea complementará a Misión do Solo, que está a poñer en marcha unha rede de 100 laboratorios viventes nos que se idean solucións para poñelas a proba nunha contorna real. Todo tipo de entidades e particulares están chamados a asinar o manifesto da Misión Solo e a unirse a unha comunidade virtual que traballa en favor da protección e restauración dos solos.

Lei europea de vixilancia do solo

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data