Aluguer de sala en Bruxelas
Portada » Actividades »A Fundación Galicia Europa ofrece a posibilidade de alugar parte dos espazos da súa oficina de Bruxelas para a celebración de reunións e todo tipo de eventos. Situada no corazón do Barrio Europeo de Bruxelas, a oficina dispón dunha sala de uso polivalente con capacidade aproximada para 90 persoas, que se adapta a calquera esixencia e necesidade. A sala dispón de luz natural, aire acondicionado e un amplo equipamento técnico.
Tarifas:
Xornada completa Media xornada Sala grande para reunións ou conferencias (± 75 m2) 600 €* 350 €* Hall-recepción (±20 m2), en complemento 150 €* 150 €* Sala de reunións con proxector (±45m2) 350 €* 250 €* Sala de reunións sen proxector (±30m2) 250 €* 150 €* *As entidades galegas organizadoras beneficiaranse dun desconto do 15% sobre o prezo de aluguer. Os alugueres de sala con prestacións de servizos realizadas pola Fundación Galicia Europa, tales como o aluguer de material sumplementario, están sometidas a un 21% de IVA.
Para máis información sobre as condicións deste servizo, contacte con nós en: bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu
Descargue aquí o formulario de solicitude.