Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Prácticas » Aberto o prazo para solicitar as bolsas Schuman do Parlamento Europeo

Aberto o prazo para solicitar as bolsas Schuman do Parlamento Europeo

02/05/2022 |

— O prazo de solicitudes finaliza o 31 de maio

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2022. O Parlamento Europeo vén de abrir o prazo de inscrición para solicitar as bolsas Schuman, dirixidas a mozas e mozos que desexen coñecer o funcionamento diario dunha das institucións máis representativas e importantes da Unión, así como formarse en competencias e habilidades relacionadas co traballo institucional.

Para inscribirse nestas bolsas, as persoas solicitantes deberán cumprir varios requisitos:

  • Ter máis de 18 anos;
  • Posuír a nacionalidade dun Estado membro;
  • Ter unha titulación universitaria;
  • Ter un coñecemento profundo de dúas linguas da Unión Europea; e
  • Non ter desfrutado dunha bolsa en institucións europeas por máis de dous meses consecutivos nin ter realizado unha visita de estudos á Secretaría do Parlamento Europeo nos seis meses anteriores ao comezo das prácticas.

As bolsas Schuman son remuneradas e poden levarse a cabo nun dos lugares oficiais de traballo do Parlamento Europeo, como Bruxelas, Luxemburgo ou Estrasburgo, ou nas oficinas de enlace nos Estados membros.

Consulta a información sobre o procedemento de inscrición, que finaliza o vindeiro 31 de maio, na páxina web oficial do Parlamento Europeo.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data