Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE

Aberto o prazo para participar no premio literario Nortear

23/05/2022 |

 

— A 8ª edición do Premio Literario Nortear está aberta até o próximo 30 de xuño para recibir candidaturas procedentes de Galicia e do norte de Portugal

— A presentación das candidaturas será en liña, a través da páxina web da Plataforma Nortear: https://nortear.gnpaect.eu/

 

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2022. Xa está aberto o prazo para participar no premio literario Nortear, unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e da Dirección Rexional de Cultura do Norte.

Este premio distingue anualmente obras literarias orixinais, para estimular o lanzamento de novos escritores, incentivar a creatividade literaria entre os mozos residentes na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e promover a distribución de obras literarias alén das fronteiras. Poderán presentarse tódalas persoas con plena capacidade xurídica de entre 16 e 36 anos, nacidas e/ou residentes na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa e en lingua galega, sobre o xénero do relato curto, e cunha extensión de cinco a mil a oito mil palabras. O premio consistirá nunha dotación económica de tres mil euros (3 000€) e a publicación da obra.

A presentación das candidatura será online na web da Plataforma Nortear: https://nortear.gnpaect.eu/

 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data