• A data límite para rexistrarse é o 18 de novembro ou até completar as prazas
Santiago, 10 de novembro de 2020. Do 23 ao 27 de novembro de 2020, de 09.00h a 16.00h, a Dirección Rexional do Norte do Instituto Portugués de Deporte e Xuventude (IPDX), en colaboración coa Academia LIPOR e a Asociación Semente, organiza a acción formativa “We’re In[novation]”. Esta actividade enmárcase no proxecto Eurocidade2020, aprobado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no que tamén participa a Fundación Galicia Europa. 
Cun claro enfoque ambiental, o obxectivo principal é o de promover competencias esenciais no desenvolvemento de prácticas innovadoras entre a mocidade, fortalecendo aspectos como a reciclaxe multimaterial ou a educación para a correcta xestión e valorización dos residuos. Da mesma maneira, esta actividade busca promover o emprendemento na xuventude, así como dinamizar unha rede de contactos que promovan a súa integración no mercado laboral. 
Está dirixida especialmente a mozas e mozos do Norte de Portugal e Galicia, de entre 18 e 30 anos, graduadas/os ou finalizando o seu período formativo, que teñan interese nos eidos da innovación, da economía circular, da xestión de residuos e do medioambiente.
A inscrición neste curso é gratuíta e o aforo é limitado (20 prazas). Ao finalizar o curso, as persoas asistentes recibirán un certificado pola súa participación e premiarase a idea más innovadora cunha atribución económica. 
Para participar, accede ao formulario de inscrición e rexístrate antes do 18 de novembro no seguinte enlace