• O período de inscrición para asistir á
    #EURegionsWeek está aberto até o 1 de outubro para os eventos da primeira semana; ata o 7 para os da segunda e ata o 14 para os da terceira 
  • Prevese participación galega en tres seminarios
    sobre innovación, educación superior e transformación do sector
    automobilístico
  • A Fundación Galicia Europa anima á sociedade galega
    a asistir a este gran foro de intercambio de experiencias rexionais e
    locais, que contará con máis de 500 sesións en liña.

 

Bruxelas, 8 de
setembro de 2020
. Un ano
máis, volve a Semana Europea das Rexións e Cidades (#EURegionsWeek), o evento
de referencia en política e iniciativas rexionais e urbanas que, este ano,
debido á situación provocada pola Covid-19 será enteiramente virtual e ampliará
a súa programación durante tres semanas.

 

Máis de 500
sesións virtuais comporán a Semana
Europea das Rexións e Cidades
, que este ano durará dúas semanas máis, do 5
ao 22 de outubro do 2020. Cada unha das semanas deste evento, organizado de
forma conxunta polo Comité Europeo das Rexións e a Dirección Xeral de Política
Rexional e Urbana da Comisión Europea, estará dedicada a un tema en particular:
empoderamento dos cidadáns, cohesión e cooperación rexional, e Europa verde.
Responsables políticos, xestores,  investigadores, xornalistas e cidadáns
en xeral están chamados a participar nestes seminarios nos que se abordarán
retos comúns a todas as rexións e cidades europeas.

 

Varias sesións
contarán con participación galega, como os dous seminarios organizados pola
Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) o 6 de outubro, destinados a
fomentar o debate sobre como desbloquear o potencial da innovación rexional a
través de redes multiactor (“Unlocking
Europe´s rexional innovation potential through RRI and multi-actor innovation
networks
) e sobre como preparar ao sistema educativo para responder ás
novas habilidades que require o mercado de traballo (“Future
skills & job profiles: Galicia 2030
”). Pola outra banda, o Grupo
Interregional do Automóbil do Comité Europeo das Rexións, no que participa
Galicia, organiza o día 14 un seminario sobre como apoiar a transformación
verde e dixital do sector automobilístico, baixo o título “GREEN
TRANSFORMATION SUMMIT: Automotive regions – crucial for success
!”; e a Deputación de Lugo organiza o seminario “The European challenge of active ageing post-COVID-19

Este ano, debido
á Covid-19 todas as sesións serán retransmitidas online, fóra dalgunhas delas
que se celebrarán en formato híbrido (físico e online) con aforamento limitado.

A inscrición a
este evento é gratuíta e, para realizala, é necesario rexistrarse no servizo
de autentificación ECAS
da Comisión Europea. O prazo de inscrición finaliza 
até o 1 de outubro para os eventos da primeira semana; ata o 7 para os da segunda e ata o 14 para os da terceira 

TecEuropa
#EURegionsWeek

O pasado ano a
Fundación Galicia Europa celebrou, por primeira vez, unha edición do seu programa
de especialización TecEuropa
coincidindo coa Semana Europea de Rexións e
Cidades. Desta forma, 20 xestores de fondos europeos de entidades galegas
puideron asistir presencialmente a este evento co asesoramento da FGE. A
situación provocada pola pandemia 19 impide a repetición desta edición especial
pero a Fundación Galicia Europa continúa co seu compromiso de fomentar e
ofrecer asesoramento para a participación galega na #EURegionsWeek.

 

Doutra banda, FGE
prevé organizar en novembro unha edición clásica de TecEuropa integramente
online que estará centrada no novo período financeiro 2021- 2027.

 

Máis información en:

Semana Europea de las Regiones y ciudades.

TecEuropa