A Comisión Europea ven de presentar a terceira
edición do Premio da UE a Mulleres Innovadoras,
a súa iniciativa para amosar casos de éxito de mulleres empresarias cunha
formación científica. Con este premio a Comisión Europea quere facer un
recoñecemento público a destacadas empresarias que levaron con éxito as súas
ideas ao mercado e, deste xeito, servir de modelo para que outras mulleres sigan
os seus pasos.

O certame concede tres premios: un
primeiro premio de 100.000€, un segundo de 50.000€ e un terceiro de 30.000€. A
esta convocatoria poden presentarse mulleres que residan na Unión Europea e que
fundaran ou cofundaran con éxito unha empresa de calquera sector e que se teñan
beneficiado ao longo da súa carreira de financiamento europeo. A empresa debe
ter sido rexistrada antes de 2013 e ter unha facturación anual de polo menos
100.000€ nos anos 2013 e 2014.

O prazo de presentación de
candidaturas pecha mañá 20
de outubro ás 12h.
 A solicitude debe facerse
por vía telemática, a través dun formulario dispoñible na seguinte web. Podes atopar máis información sobre o premio, nesta páxina da Comisión.