Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Participación Xuvenil » Aberta a convocatoria de EUTeens4Green

Aberta a convocatoria de EUTeens4Green

29/09/2022 | ,

— O proxecto ofrece financiación para accións que impulsen a transición ecolóxica

— O prazo para presentar as propostas remata o 3 de novembro

Bruxelas, 29 de setembro de 2022. Xa está aberto o prazo de solicitudes para EUTeens4Green, un proxecto da Unión Europea dirixido a persoas entre os 15 e os 24 anos da provincia da Coruña. O plan ten como propósito ofrecer á mocidade oportunidades para converterse en actores efectivos na transición ecolóxica.

As persoas interesadas na convocatoria deben presentar proxectos para aplicar nos seus territorios. En caso de ser escollido, poderase recibir ata 10.000 euros para levar a cabo a idea. Con EUTeens4Green a UE persigue catro obxectivos: iniciar unha chamada para financiar accións lideradas pola mocidade, aumentar a participación xuvenil na sociedade e o desafío verde a nivel local, apoiar territorios da Unión vinculados a proxectos de transición xusta e aportar recomendacións á Comisión Europea sobre a participación das mozas e mozos na toma de decisións.

Galicia está presente neste proxecto pola provincia da Coruña, seleccionada xunto a outras 7 do resto de España. As rexións escollidas presentan máis desafíos no cambio cara a neutralidade de carbono. Así, procúrase tamén reducir as desigualdades rexionais no eido da transición ecolóxica. Todas as persoas interesadas teñen ata o próximo 3 de novembro para presentar as súas ideas. Poden presentarse de forma individual, en grupo ou de parte dunha asociación. no mes de decembro anunciaranse as propostas elixidas, que se poñerán en marcha en xaneiro de 2023.

Máis información e inscrición: EUTeens4Green

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data