Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Participación Xuvenil

A xuventude tamén participa na Semana Europea das Rexións e Cidades

10/09/2021 |

  • Durante o 11 e 14 de outubro, celébranse distintos foros e sesións sobre a importancia do rol da mocidade na construción do futuro da UE.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2021. Como cada ano, ábrese o prazo para rexistrarse na décimo novena edición da Semana Europea das Rexións e Cidades, que acollerá entre o 11 e 14 de outubro un total de 300 sesións destinadas á política de cohesión, a transición verde, a transición dixital e a participación da cidadanía.
Este ano, a nova plataforma permite rexistrarse ás sesións até o último momento e facilita a creación de redes entre as persoas, ao incluír a posibilidade de agregar amizades, enviar mensaxes e ver que persoas participan en cada evento.

Durante o 11 e 14 de outubro, celébranse distintos foros e sesións sobre a importancia do rol da mocidade na construción do futuro da UE. Co obxectivo de que a mocidade galega participe de maneira máis activa nos asuntos comunitarios, desde a Fundación Galicia Europa queremos convidala a implicarse nas sesións que maior interese lle susciten. De entre a variedade que recolle o programa, recomendamos as seguintes xornadas polo seu valor informativo e complementariedade coas iniciativas que levamos a cabo desde a Fundación:

  • O martes, 12 de outubro…

De 11:30 a 13:00 horas, A voz da xuventude no centro da creación das políticas.
De 16:30 a 18:00 horas, Xuventude líder para o futuro de Europa.

  • O mércores, 13 de outubro…

De 09:30 a 11:00, O presente e futuro de Europa: a contribución da xente moza nos territorios transfronteirizos.
De 14:30 a 15:30, Erasmus+ 21-27.
De 16:30 a 18:00, O Pacto Verde Europeo e a xuventude: Como actuar.
De 17:30 a 18:30, DiscoverEU – Sube ao tren por unha Europa máis verde.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Non hai novas relacionadas