Fundación Galicia Europa
  • Galego
  • Español
  • English
  • Inicio
  • Fundación
    • Quen somos?
    • Memorias FGE
      • Memoria da Fundación Galicia Europa 2024
        • Defensa dos intereses de Galicia ante a UE
        • Fomento da participación galega en proxectos europeos
        • Información sobre a Unión Europea
        • Programa de bolsas da FGE
        • Euroxuventude
    • Contacto
    • Transparencia
  • Actualidade
    • Novas
      • Galicia na UE
      • Actividades FGE
      • Unión Europea
      • EuroXuventude
    • Análise FGE da actualidade comunitaria
    • Boletín electrónico FGE
    • Colaboracións coa revista ECO
  • Actividades
    • Encontros virtuais Xunta-UE
    • Bolsas
    • #EuroXuventude
    • Axenda
    • Proxectos europeos FGE
    • Defensa de Galicia ante a UE
  • Unión Europea
    • Consultas públicas
    • Licitacións na UE
    • A lingua galega na UE
    • Futuro da política rexional
  • Financiamento comunitario
    • Guía de financiamento comunitario
    • Programa TecEuropa
    • Convocatorias de interese para Galicia
    • Premios #EuropaXunta
  • Follow
  • Follow
  • Follow
  • Quen somos?
  • Novas
  • Bolsas
  • Análise FGE da actualidade comunitaria
  • #EuroXuventude
  • Boletín electrónico FGE
  • Actividades FGE
  • LinkedIn
  • Instagram
  • X
  • Español
  • English

Actualidade

Portada » Actualidade » A Xunta solicita que a lingua galega forme parte da plataforma Online Language Support do programa Erasmus+

A Xunta solicita que a lingua galega forme parte da plataforma Online Language Support do programa Erasmus+

24/02/2023 | Erasmus+

— O obxectivo principal é lograr a inclusión, xunto co catalán e o éuscaro, nesta aplicación en liña que permite a aprendizaxe gratuíta de idiomas aos estranxeiros

— Valentín García salienta que o estudo do galego ”abre unha porta de entrada perfecta no mundo da lusofonía, que engloba un total de 250 millóns da falantes”

Estrasburgo, 24 de febreiro de 2023. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou a semana pasada en Estrasburgo na sesión do Intergrupo de Minorías Nacionais e Linguas do Parlamento Europeo para tratar a inclusión do galego, o catalán e o éuscaro na plataforma Online Language Support (OLS) do programa Erasmus +. Esta aplicación, gratuíta e en liña, ten como finalidade facilitar aos estudantes que se acollen ao programa de mobilidade europea Erasmus e aos participantes do programa europeo de solidariedade (European Solidarity Corps) a aprendizaxe das linguas oficiais da Unión Europea, así como do islandés, macedonio, noruegués, serbio e turco.

O representante da Xunta sinalou que as tres universidades públicas galegas “reciben cada curso algo máis de 1000 alumnos e alumnas para realizar os seus estudos como participantes do programa Erasmus +”.

Neste marco, Valentín García fixo fincapé en que o slogan a través do que se promove Erasmus+ 2021-2027 afirma que este programa “é máis inclusivo, máis dixital e máis ecolóxico”. “Cómpre que a lingua galega, o código de comunicación dun millón e medio de falantes na actualidade, estea presente na Online Language Support para que as persoas que cursan os seus estudos en Galicia poidan integrarse na nosa sociedade en xeral e na comunidade universitaria en particular”, sinalou.

Ademais, o representante do Goberno galego aproveitou para lembrar que a lingua galega, “que formou parte dun tronco lingüístico común co portugués ata o século XV, é aínda a día de hoxe unha porta de entrada perfecta no amplo mundo da chamada lusofonía, que engloba un total de 250 millóns da falantes en catro continentes”. Deste xeito, “dándolles a posibilidade de aprender o galego, estáselles entregando tamén unha chave para abrir esa porta”, dixo.

A solicitude de inclusión das tres linguas cooficiais na OLS foi impulsada pola Xarxa Vives d´Universitats, que engloba 22 universidades de Cataluña, Comunidade Valenciana, Illas Baleares e Andorra. Co tempo, foi sumando o apoio de numerosas universidades e gobernos autonómicos do resto do país, incluíndo recentemente a do Ministerio de Universidades do Goberno de España. A decisión final será tomada pola Unión Europea tras un período de reflexión.

As tres universidades galegas acollen máis de mil estudantes Erasmus cada curso

Máis información: Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

A Fundación Galicia Europa organiza unha xornada sobre Europa e a mocidade coa xuventude galego-portuguesa

30/08/2022 | Ano Europeo da Xuventude 2022, DYAS, Erasmus+

Membros do padroado

  • Fundación
  • Actividades
  • Unión Europea
  • Financiamento comunitario
  • Actualidade
  • #EuroXuventude
  • Consultas públicas
  • Axenda FGE
Logo Fundación Galicia Europa
  • Contacto
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
  • Cookies
  • Follow
  • Follow
  • Follow
Manage Cookie Consent
Usamos cookies para optimizar a nosa web e servizos.
Funcionais Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}