Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE »A Xunta defende as reivindicacións do sector agrícola galego ante o comisario europeo
— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Bruxelas nunha reunión do Comité Europeo das Rexións na comision NAT.
— No encontro debateuse se debateu co comisario de Agricultura da Unión Europea, Janusz Wojciechowski, sobre a Política Agrícola Común.
Bruxelas, 22 de marzo de 2024. No contexto actual de protestas dos agricultores e gandeiros en toda a UE, o comisario de Agricultura, Janusz Wojciechowski, participou hoxe de forma excepcional na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR) para debater cos representantes rexionais e locais sobre o malestar no sector.
En representación de Galicia, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE destacou como “moitas cargas burocráticas e medioambientais da actual Política Agrícola Común (PAC) poñen en risco a viabilidade das explotacións agrícolas, polo que deberían suspenderse ata que o actual período de reflexión alcance unha redefinición das normas PAC máis equilibrada, que garanta unha sustentabilidade á vez ambiental, económica e social do agro europeo”. Gamallo referiuse á rendibilidade das explotacións, a complexidade administrativa e a competencia desleal como principais problemas do sector agrario.
AComo consecuencia das protestas agrícolas, a Unión Europea vén de adoptar varias medidas de simplificación da actual PAC e está a estudar unha modificación do actual regulamento, aplicable no período 23-27
O debate celebrouse con motivo da aprobación dun borrador de ditame sobre o futuro da Política Agrícola Común (PAC), que constituirá a principal contribución do CdR ao diálogo estratéxico iniciado en xaneiro pola Comisión Europea de cara a elaboración da proposta lexislativa sobre a PAC posterior a 2027, que debería publicarse en 2025. No ditame, os representantes das rexións europeas avogan por unha nova PAC máis flexible, simplificada, que apoie en maior medida aos agricultores e que adopte un enfoque máis descentralizado e adaptado ás características de cada territorio, a través de plans estratéxicos elaborados e xestionados a nivel rexional.
Como consecuencia das protestas agrícolas, a Unión Europea vén de adoptar varias medidas de simplificación da actual PAC e está a estudar unha modificación do actual regulamento, aplicable no período 23-27. A Consellería de Medio Rural, tras reunirse coas principais organizacións agrarias galegas, transmitiu por carta ao Ministerio as súas demandas e propostas, como a introdución de medios de proba efectivos dos costes de produción para evitar a venta a perdas a partir de ferramentas como Contaláctea e Contacarne, desenvolvidas en Galicia.
Outros dous ditames foron aprobados hoxe en NAT: un relativo á estratexia europea para previr a escaseza de medicamentos, que subliña a necesidade de impulsar a capacidade de fabricación local , e outro para apoiar a posta en marcha dun “Pacto Azul Europeo” para promover unha mellor xestión dos recursos hídricos e dos riscos relacionados con estes, como as inundacións, as secas ou a contaminación. Ademais, presentouse unha guía sobre oportunidades de financiamento e apoio da UE para as zonas rurais.
Galicia nas comisións CIVEX e NAT do Comité das Rexións
No actual mandato 2020- 2025 do Comité Europeo das Rexións, Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). A primeira elabora ditames en áreas como as políticas comúns de agricultura e pesca, o turismo ou a saúde pública.A Fundación Galicia Europa presta apoio á participación galega nesta asemblea de rexións e municipios.
Máis información: Xunta de Galicia