Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » A Xunta debate a participación xuvenil na construción de Europa coa mocidade do ‘Movemento Europeo’

A Xunta debate a participación xuvenil na construción de Europa coa mocidade do ‘Movemento Europeo’

26/01/2023 |

— O director xeral de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo, mantivo un encontro con mozos e mozas galegos beneficiarios do proxecto ‘A voz da xeración Erasmus’

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023. O Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Mª Gamallo Aller, recibiu onte en Santiago de Compostela a un grupo de mozos galegos beneficiarios do proxecto “A voz da Xeración Erasmus” do programa europeo ERASMUS+, acompañados polo profesor Francisco Aldecoa Luzárraga, presidente do Consello Federal Español do Movemento Europeo.

Na reunión abordouse a preocupación da xuventude no proceso de construción da Unión Europa e a participación da cidadanía no futuro de Europa. O director xeral, Jesús Gamallo, explicou as actuacións do Goberno galego e da Fundación Galicia Europa no marco institucional, o seu valor engadido, ademais de resaltar a estratexia galega de acción exterior, o seu marco legal propio, e as liñas xerais sobre o que as Rexións fan por Europa e o que Europa fai polas rexións. Jesús Gamallo tamén referiuse aos retos que afronta Galicia como é a cuestión demográfica, o avellentamento da poboación, o cambio climático e a dixitalización ou o emprego xuvenil.

Un aspecto importante que se tratou no coloquio foi a posta en valor da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e do bo traballo realizado neste ámbito chegando a ser no só en España senón na UE un exemplo de boas prácticas. Por último, o grupo xuvenil presentou as súas preocupacións perante a Presidencia española do Consello da Unión Europea que terá lugar no segundo semestre deste ano.

O Consello Federal Español do Movemento Europeo

É unha das 39 seccións que conforman o Movemento Europeo Internacional. Constituído en febreiro de 1949 encamiña a súa actuación, dunha parte, a propiciar o desenvolvemento dunha identidade europea e uns valores comúns na sociedade española, e, doutra, posibilitar que entre as institucións, as forzas políticas e as organizacións socioeconómicas, España sexa un factor dinamizador no proceso de construción europea

Máis información: Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data