Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Proxectos Europeos » A Fundación Galicia Europa acolle en Bruxelas a clausura do proxecto europeo Aych de creatividade e tecnoloxía para a mocidade

A Fundación Galicia Europa acolle en Bruxelas a clausura do proxecto europeo Aych de creatividade e tecnoloxía para a mocidade

28/06/2023 | ,

— A Fundación Galicia Europa formou parte deste proxecto xunto á Cámara de Comercio de Santiago, Vida Láctea e outras entidades de diversos países europeos.

— O proxecto Aych busca fomentar a innovación na mocidade atlántica, que afronta problemas comúns.

Bruxelas, 28 de xuño de 2023. A Fundación Galicia Europa (FGE) clausurou na súa oficina de Bruxelas o proxecto europeo Atlantic Youth Creative Hubs (Aych), no cal participa a través do programa EuroXuventude. O acto, no que se repasaron as actividades desenvolvidas e o seu impacto, contou coa presenza dos mozas e mozos participantes no proxecto, así como das entidades colaboradoras de Portugal, Francia, Irlanda e Reino Unido. A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Vida Láctea foron as outras entidades galegas presentes.

O proxecto Aych busca fomentar a innovación na mocidade, vinculando ás pemes con novos talentos e coñecementos, e conseguindo que máis xente nova poida seguir carreiras ou itinerarios educativos no sector creativo. Así, impúlsase o espírito empresarial, o emprendemento e a educación na mocidade nos ámbitos creativo, dixital e tecnolóxico no Espazo Atlántico.

O acto, no que se repasaron as actividades desenvolvidas e o seu impacto, contou coa presenza dos mozas e mozos participantes no proxecto.

As actividades desenvolvidas neste proxecto foron as chamadas creative jams, obradoiros que unen á xuventude, socios, axencias e tomadores de decisións para facilitar a oportunidade de «ser creativos». No eido informático, leváronse a cabo os chamados hackatons, similares en forma pero de xeito dixital. Galicia acolleu dúas destas actividades, unha en Santiago de Compostela e outra en Lugo. Ademais, Galicia estivo representada no evento Aych celebrado en Nantes o pasado mes de maio.

#EuroXuventude

A plataforma #EuroXuventude é o espazo para a mocidade galega no que poden consultar os proxectos e oportunidades que ofrece a Unión Europea para eles e elas. #EuroXuventude nace froito da colaboración entre a Fundación Galicia Europa e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O seu obxectivo é promover unha mocidade e cidadanía galega activa e participativa no proceso de construción comunitaria.

Atlantic Youth Creative Hubs

O proxecto AYCH (Athlantic Youth Creative Hubs) é unha oportunidade para a creatividade e a tecnoloxía para os máis novos. Está co financiado polo programa Interreg Space Atlantic Area.

Os socios participantes son Cámara Municipal de Santo Tirso (Pt), In.Cubo (Pt), EDNA (Escola de Deseño de Nantes Atlántico) (F); IMI (Instituto de Métodos de Innovación) (Ir); Space (UK); Vida Lactea (Es); Cámara Comercio Santiago de Compostela (Es) e a Fundación Galicia Europa.

Máis información: Atlantic Youth Creative Hubs

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data