Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude »
A Xunta celebra o Día de Europa coa mocidade portuguesa
— O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, reuniuse cunha delegación de mozos e mozas da municipalidade portuguesa de Ponte da Barca para celebrar o Día de Europa
A visita realizouse hoxe no marco do Día de Europa, na que o director xeral se referiu aos valores compartidos por España e Portugal dende o momento de adhesión polos dous Estados Membros en 1986 e á importancia da cooperación transfronteiriza para apuntalar o proceso de integración da Unión Europea.
Jesús Gamallo tamén advertiu que os valores propios da Unión Europea, como as liberdades públicas, o Estado de Dereito, a democracia e os Dereitos Humanos, non deben darse por entendidos, senón que é necesaria a súa defensa activa nunha Europa máis unida de cara á súa actuación na escena internacional.
