Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE » Cohesión » A Xunta aborda en Bruxelas a situación dos fondos do mecanismo de recuperación e o plan estratéxico de Galicia 2030

A Xunta aborda en Bruxelas a situación dos fondos do mecanismo de recuperación e o plan estratéxico de Galicia 2030

13/06/2023 | , ,

— O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos mantivo diversos encontros con representantes da Comisión Europea

— Nestas reunións trasladou o que Galicia está a facer con todos os recursos europeos dispostos ata o momento

Bruxelas, 12 de xuño de 2023. O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos aborda esta semana en Bruxelas a situación dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) e o Plan Estratéxico de Galicia 2030. O conselleiro foi asistido pola Fundación Galicia Europa, a representación da Xunta de Galicia fronte a Unión Europea.

Neste marco, o titular da Facenda autonómica reuniuse, onte luns, con Normunds Popens, director xeral adxunto da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea; con María Teresa Fábregas Fernández, directora para España do Grupo de Traballo “Recuperación e Resiliencia” da Comisión Europea; e con Alejandro Blanco, conselleiro da Representación Permanente de España ante a UE. A continuación, Corgos manterá hoxe un encontro con María Iglesia, xefa de Unidade para España e directora para Condicións de Traballo e Diálogo Social da Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión da Comisión Europea.

Esta visita institucional ten un dobre obxectivo: por unha banda, poder contar con información de primeira man e, por outra, poñer en coñecemento das autoridades europeas o que se está a facer en Galicia cos recursos procedentes do MRR, así como tratar as posibilidades existentes para mobilizalos.

Mecanismo de Recuperación e Resiliencia

En canto ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, os recursos asignados a Galicia ascenden a 1.375 millóns de euros, aínda que polo momento a Comunidade só ten ingresados 1.193 millóns de euros.

A Xunta ten mobilizada a práctica totalidade dos fondos recibidos e, neste sentido, a execución dos recursos do MRR xa beneficiou a 33.000 galegos, máis de 7.200 autónomos e máis de 3.200 entidades.

Ademais, nos primeiros cincos meses de 2023, o Goberno galego adxudicou o 67% dos 527 millóns de euros dos fondos do MRR previsto no orzamento inicial deste ano, é dicir, uns 354 millóns de euros.

O conselleiro aproveitou a súa visita para trasladar á Comisión Europea a preocupación e as dúbidas da Xunta ante a recente aprobación por parte do Goberno central da axenda do Plan de Recuperación.

Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030

Por outra banda, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, tamén presentará esta tarde na oficina da Fundación Galicia Europa o Plan Estratéxico de Galicia (PEG) 2022-2030. Unha folla de ruta para esta década coa que seguir fortalecendo a economía de Galicia, o seu tecido empresarial e os servizos públicos, ademais de favorecer as transicións verde e dixital, sen deixar atrás a protección social para os sectores máis necesitados e un reforzo do Estado de Benestar.

Máis información: Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data