Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » A UE traballa para mellorar as redes wifi e a conectividade

A UE traballa para mellorar as redes wifi e a conectividade

03/09/2024 | ,

Bruxelas, 3 de setembro de 2024.

A UE fixouse o obxectivo ambicioso de facer de Europa o continente máis conectado de aquí a 2030, de modo que todos poidamos gozar das oportunidades da transición dixital.

Para conseguilo, son fundamentais as políticas de conectividade da Unión, dirixidas a harmonizar as normativas para fomentar os servizos e ampliar as redes en toda a UE. Estas metas forman parte dos obxectivos máis amplos da Década Dixital da UE que pretende que os fogares europeos teñan acceso a unha cobertura da internet de alta velocidade de aquí a 2025 e a a conectividade de gigabit de aquí a 2030.

Unha das iniciativas máis exitosas foi WiFi4EU, que promove o libre acceso á conectividade wifi para os cidadáns en espazos públicos como parques, prazas, edificios oficiais, bibliotecas, centros de saúde e museos. Con máis de 90.000 puntos de acceso dispoñibles en toda Europa, esta iniciativa foi especialmente útil nas rexións remotas e carentes de servizos adecuados. En Patmos, Grecia, o programa fixo posible que os habitantes e visitantes da illa teñan un acceso fiable a internet, o que lles permitiu manterse conectados co resto do mundo. Do mesmo xeito, en Guadalupe, unha rexión ultraperiférica da UE, o despregamento de WiFi4EU tivo unha incidencia positiva na vida cotiá dos turistas e dos seus habitantes. Tamén reforzou o acceso á educación dixital e ás empresas.

A UE está a impulsar actualmente outras iniciativas de conectividade, como o despregamento de redes de fibra e 5G, que ofrecerán importantes oportunidades económicas, permitirán a innovación e contribuirán á transformación dixital. Ademais, o Mecanismo «Conectar Europa» (MCE dixital) segue apoiando proxectos estratéxicos que garanten infraestruturas dixitais sólidas e seguras en toda Europa.

A través destas iniciativas, a UE non só está a mellorar a conectividade, senón que tamén promove tecnoloxías de vangarda e garante que os servizos dixitais sexan accesibles e asequibles en todas as rexións, achandando o camiño para unha Europa máis conectada e resiliente desde o punto de vista dixital.

Máis información:

Conectividade

Cómo crear unha Europa dixital a través da conectividade — Vídeo

Conectividade — Páxina informativa

WiFi4EU

WiFi4EU en Patmos (Grecia)

Despregamento de WiFi4EU na rexión ultraperiférica de Guadalupe

Mecanismo «Conectar Europa» — MCE Dixital

A Extratexia 5G de Europa na Década Dixital

Lei da Infraestrutura de Gigabit

Unha Europa Adaptada a Era Dixital

Década Dixital de Europa

Configurar o futuro dixital de Europa

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data