Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Proxectos Europeos » A Fundación Galicia Europa participa nunha formación en marketing dixital para redes sociais

A Fundación Galicia Europa participa nunha formación en marketing dixital para redes sociais

02/10/2023 | ,

  — A formación está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.

— Terá un formato presencial e abordarase tanto a parte teórica, como a práctica do marketing dixital para redes sociais.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023. A Fundación Galicia Europa xunto coa Eurocidade Chaves-Verín, AECT e a Associação de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega, organiza unha acción formativa no ámbito do marketing dixital para redes sociais, para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.

Esta actividade desenvolverase no ámbito do proxecto Erasmus+ Xuventude embaixadora dixital para pemes.

A acción formativa, presencial e online, dividirase en dúas partes; unha teórica e outra práctica. Ao longo do mes de novembro, os mozos aprenderán a utilizar as redes sociais de forma profesional, adquirindo coñecementos prácticos e funcionais relacionados co marketing dixital. A parte teórica da formación terá unha duración de 104 horas.

A parte teórica da formación desenvolverase no mes de novembro, mentres que a parte práctica terá lugar entre os meses de xaneiro e febreiro. 

Os participantes poderán adquirir coñecementos en áreas como a comunicación dixital e o marketing dixital, as redes sociais como ferramentas de comunicación e marketing, creación de contidos e segmentación de público, campañas de promoción en redes sociais, influencer marketing para empresas locais, entre outros.

Nos meses de xaneiro e febreiro de 2024 poranse en práctica os coñecementos adquiridos nas pemes do territorio da Eurocidade para establecer un diálogo interxeracional e interdisciplinar. A xestión da parte práctica será en formato híbrido e axustarase ás posibilidades organizativas dos participantes.

A inscrición para esta formación gratuíta está aberta ata o 19 de outubro. O programa, así como a inscrición, pódese consultar nesta ligazón.

Proxecto Dyas

Xuventude embaixadora dixital para Pemes (Digital Youth Ambassadors for SMEs-DYAS) é un proxecto aprobado e financiado pola Axencia Nacional Portuguesa Erasmus+ JA. Erasmus+ (2021-2027). É o programa da Comisión Europea nos ámbitos de Educación, Formación, Xuventude e Deportes, que promove a inclusión social, as transicións verdes e dixitais e a participación dos mozos na vida democrática.

Os principais obxectivos que orientarán as DYAS son: aumentar as oportunidades laborais e as capacidades persoais dos mozos do rural, en canto á dixitalización, uso de ferramentas e plataformas dixitais; mellorar a eficiencia empresarial e a competitividade das pequenas empresas, pola súa evolución en termos de dixitalización e competencias nos mercados dixitais e promover o intercambio de coñecementos e experiencias entre mozos e empresas, así como promover a creación de novos negocios por parte de Young.

A súa finalidade é abordar a transformación dixital e formar a mozos, pemes e institucións implicadas. Os resultados esperados son a mellora da formación e das capacidades profesionais; mellor coñecemento das ferramentas dixitais, integración nas súas comunidades locais e mellora das capacidades das pemes.

Máis información: Proxecto Dyas

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data