Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » A Fundación Galicia Europa participa nun foro sobre o programa europeo para mozos emprendedores

A Fundación Galicia Europa participa nun foro sobre o programa europeo para mozos emprendedores

08/03/2023 | ,

— O evento celébrase entre o 7 e 8 de marzo na cidade da Cultura de Santiago de Compostela e conta coa presenza de máis de 180 participantes de máis de trinta países.
— A Fundación Galicia Europa contou cun stand propio desde onde presentou á mocidade galega e europea a súa experiencia co programa Erasmus.

— No encontro tamén estiveron presentes os socios do proxecto Atlantic Youth Creative Hubs en España do que a Fundación Galicia Europa fai parte. 

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2023. A Fundación Galicia Europa participa no 30º encontro de organizacións intermediarias do programa Erasmus para mozos emprendedores (EYE) en Europa organizado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Uninova (Iniciativas empresariais innovadoras).

No evento, que ten lugar o 7 e 8 de marzo na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, a Fundación presentou á mocidade galega e europea os seus proxectos no marco de #Euroxuventude e explicou as súas boas prácticas en temas europeos relacionados con programa Erasmus. Tivo ademais a oportunidade de compartir experiencias e retos comúns con outras entidades europeas presentes no foro, a través dos obradoiros que tiveron lugar.

Ademais, no encontro estiveron presentes os socios do proxecto Atlantic Youth Creative Hubs en España do que a Fundación Galicia Europa fai parte. Os responsables europeos deste programa tiveron ocasión de preguntar aos nosos socios de Aych España sobre as metodoloxías de traballo con mozos emprendedores no noso proxecto. Neste evento deron comezo as actividades do Aych Tour Santiago de Compostela.

A Fundación presentou á mocidade galega e europea os seus proxectos no marco de #Euroxuventude e explicou as súas boas prácticas en temas europeos relacionados con programa Erasmus.

Santiago foi elixida, entre outras sete cidades, como cidade anfitrioa deste evento que reúne a máis de 200 técnicos de cámaras de comercio, centros de investigación, consultarías, universidades, centros de innovación, centros empresariais, pemes e emprendedores, entre outros; todos eles xestores do programa Erasmus Emprendedores de 38 países. Tamén estiveron presenten no evento técnicos e responsables políticos da Axencia Executiva para o Consello Europeo de Innovación e as Pemes (EISMEA) e da Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pemes (DG GROW) da Comisión Europea, responsables do programa.

Ademais da Fundación Galicia Europa, no evento tamén participaron, entre outras, a Cámara de Comercio de Santiago, a Diputación de Pontevedra, a Eurocidade Chaves-Verín, Feuga, Turismo de Santiago de Compostela e Vida Lactea de España, Ifoa e Unisco de Italia, Laval Mayenne Technopole de Francia, Efektas group de Lituania e a Cámara de Comercio e Industria de Ukraína.

Euroxuventude

Esta iniciativa nace da colaboración entre a Fundación Galicia Europa e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é dotar á mocidade galega dunha ferramenta en liña que lles permita explorar todas as oportunidades que existen na Unión Europea, promovendo unha cidadanía activa e participativa no proceso de construción comunitaria.

Máis información: Erasmus Emprendedores

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data