• Enmarcado no proxecto LIDERA, o evento será retransmitido a través de Facebook Live o vindeiro 3 de decembro
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020. O xoves, 3 de decembro, ás 14:30h, a Fundación Galicia Europa participa na xornada “Mercado de trabalho – Oportunidades, dicas e estratégias”, organizado polo Instituto Portugués de Deporte e Xuventude (IPDX).
Nesta actividade, enmarcada no proxecto LIDERA, tamén participarán representantes doutras entidades como a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, o Instituto de Emprego e Formación Profesional e a Cidade das Profesións. O obxectivo desta xornada é dar a coñecer as diferentes oportunidades de emprego e emprendemento para a mocidade transfronteriza, a través de programas como o Erasmus Emprendedores, as prácticas en institucións europeas ou diferentes apoios e incentivos para o emprego xuvenil. 
O evento non necesita inscrición, calquera persoa pode acceder a través do seguinte enlace
Consulta o programa anexo a esta nova.