A Fundación Galicia Europa asistiu como invitada ao programa ”Tambre Traballa IV”, organizado pola Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Esta edición conta con 100 participantes menores de 30 anos con diferentes perfís, que reciben orientación laboral, formación sobre habilidades comunicativas, idiomas ou informática.
Na súa intervención os membros do equipo da Fundación Galicia Europa informaron aos asistentes sobre as oportunidades de traballo e prácticas en institucións da UE, organismos internacionais, na propia Fundación e sobre outras posibilidades de participación en proxectos europeos. Para facilitar o acceso dos interesados a estas oportunidades presentaron a ferramenta desenvolvida pola Fundación “Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais”.