Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Proxectos Europeos » A Fundación Galicia Europa participa na local creative jam de Santiago no marco do proxecto europeo #Aych2030

A Fundación Galicia Europa participa na local creative jam de Santiago no marco do proxecto europeo #Aych2030

24/04/2023 | ,

— O evento, baixo o lema “Reinvent the city” (Reinventar a cidade), tivo lugar o desde o venres 21 ata o domingo 23 na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

— 40 mozos descobren, aprenden, exploran, solucionan e crean prototipos, ideas e proxectos que cambiarán a Cidade do 2030.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023. Os socios galegos do proxecto Aych (Atlantic Youth Creative Hubs), a Fundación Galicia Europa, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Lug Open Factory, participaron activamente na local creative jam Santiago “Reinventar a cidade” onde se reuniron máis de 40 mozos, desde o venres 21 ata o domingo 23.

Estes mozos usaron o deseño, o pensamento creativo e as tecnoloxías para construír novas ideas, produtos e servizos para deseñar os espazos urbanos do futuro: novos espazos e servizos para xogar, vivir, traballar, comprar, comer e ser, así como o modelo de moverse por estes espazos; experimentaron e interactuaron entre eles.

Os dous equipos gañadores, que representarán a AYCH Santiago na international creative jam de Nantes o vindeiro mes, foron: “In Club: lecer nocturno inclusivo” e “Regglax: contorna illamento estrés diario”

As comunidades, os ecosistemas, a biosaúde, a innovación para a vida, a empresa social, One Health, Todas e todos, foron os temas tratados para o desenvolvemento dos seus futuros proxectos. Ademais, recibiron catro pequenas formacións orientadas á creación de Modelos 3D, á iniciación á Intelixencia Artificial, ao Podcast para todos e á Mozilla Hubs: ferramenta RV.

Nesta local creative jam de Santiago presentáronse seis grandes proxectos para defender Galicia na Área Atlántica:

  1. Equipo “In Club: lecer nocturno inclusivo”
  2. Equipo “Regglax: contorna illamento estrés diario”
  3. Equipo “FunStrideTech: re utilizar a enerxía dos cidadáns”
  4. Equipo “Suitgraf: traxe sostible para eficiencia enerxética”
  5. Equipo “A Pé: conectar enerxía e comercio local”
  6. Equipo “A Raposeira: recuperación do espírito de barrio”

Os dous equipos gañadores, que representarán a AYCH Santiago na international creative jam de Nantes o vindeiro mes, foron: “In Club: lecer nocturno inclusivo” e “Regglax: contorna illamento estrés diario”.

Ao longo destes días tamén se fomentou e traballou a incubación na Cámara Compostela con moitos dos asistentes. E a Fundación Galicia Europa presentou as bolsas que oferta para que os mozos poidan realizar practicas na súa Oficina de Bruxelas. Así mesmo, presentou programas da UE de interese para algúns dos proxectos presentados, puidendo presentarse a convocatorias concretas destas liñas de financiamento.

Atlantic Youth Creative Hubs

O proxecto AYCH (Athlantic Youth Creative Hubs) é unha oportunidade para a creatividade e a tecnoloxía para os máis novos. Está co financiado polo programa Interreg Space Atlantic Area.

Os socios participantes son Cámara Municipal de Santo Tirso (Pt), In.Cubo (Pt), EDNA (Escola de Deseño de Nantes Atlántico) (F); IMI (Instituto de Métodos de Innovación) (Ir); Space (UK); Vida Lactea (Es); Cámara Comercio Santiago de Compostela (Es) e a Fundación Galicia Europa.

Máis información: Páxina web de Aych

Consulta aquí as mellores imaxes que nos deixou á fin de semana: 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data