Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Proxectos Europeos » A Fundación Galicia Europa participa como socia no proxecto europeo AYCH do programa europeo Interreg Atlantic Area

A Fundación Galicia Europa participa como socia no proxecto europeo AYCH do programa europeo Interreg Atlantic Area

15/01/2023 | ,

— O proxecto AYCH (Athlantic Youth Creative Hubs) é unha oportunidade para a creatividade e a tecnoloxía para a mocidade. Co-financiado polo programa Interreg Space Atlantic Area.

— A duración será de 7 meses, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de xullo de 2023.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2023. De xaneiro a xullo de 2023 a Fundación Galicia Europa participará como socia de capitalización no proxecto AYCH. Ao longo destes meses traballaremos en diversas actividades, misións, coworkings, formacións, … que formarán aos nosos mozos para usar o deseño, o pensamento creativo e a tecnoloxía para construír novas ideas, produtos ou servizos que poderán marcar o seu futuro.

As liñas xerais que AYCH quere potenciar son ademais deseñar novos lugares para xogar, vivir, traballar, comprar, comer e ser. Espazos de experimentación e interactuación.

Entre as actividades máis creativas estarán:

  • Creative Jam: eventos que unen á mocidade, socios, axencias e tomadores de decisións para facilitar a oportunidade de «ser creativos» e construír prototipos para abordar problemas sociais a través de talleres e un hackathon. En cada Creative Jam, hai unha serie de temáticas a abordar. As ideas, servizos e produtos que creas deberían ligarse ao tema do evento.
  • Hackaton: é un encontro no que se busca, a través do traballo colaborativo, dar unha resposta a un reto ou problema técnico dunha organización en tempo récord. Esta resposta será unha solución en forma de prototipo terminado para un produto, servizo ou modelo de negocio innovador. O obxectivo principal é buscar solucións innovadoras e creativas a problemas ou retos, máis ou menos complexos, que xorden nunha organización desde unha perspectiva un tanto experimental e lúdica, fomentan o encontro entre participantes de distintos perfís que traballan en pequenos grupos.

Falaremos, traballaremos, xogaremos e debateremos sobre COMUNIDADES RURAIS: sabemos que vivimos nunha sociedade rural?… A Europa Atlántica é unha única comunidade que aumentou a súa poboación rural, pero… en igualdade de condicións?; PARTICIPACIÓN XUVENIL: buscamos que a mocidade non se vaia do rural e que ao mesmo tempo teña as mesmas posibilidades que o resto da sociedade e non se atopen sós nos seus lugares de orixe; CAMBIO CLIMÁTICO: como mellorar a nosa calidade de vida coa tecnoloxía buscando un 2030 que nos faga mellores e que podamos vivir mellor, non buscamos máis que a solucións reais; EDUCACIÓN NON FORMAL: o rural está baleiro de espazos educativos e formativos, é a educación non formal a solución?… deberiamos fixarnos máis nos aspectos educativos da vida?

O proxecto AYCH (Athlantic Youth Creative Hubs) é unha oportunidade para a creatividade e a tecnoloxía para a mocidade. Co-financiado polo programa Interreg Space Atlantic Area.

Os socios participantes son Cámara Municipal de Santo Tirso (Pt), In.Cubo (Pt), EDNA (Escola de Deseño de Nantes Atlántico) (F); IMI (Instituto de Métodos de Innovación) (Ir); Space (UK); Vida Lactea (É); Cámara Comercio Santiago de Compostela (Es) e a Fundación Galicia Europa.

Máis información: Proxecto Aych 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data