Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude »
A Fundación Galicia Europa organiza unha xornada sobre Europa e a mocidade coa xuventude galego-portuguesa
— Queres ser un novo embaixador dixital? Queres saber quen será os novos embaixadores dixitais?
– Queres deseñar o teu Europass? Queres coñecer as plataformas europeas?
— Queres saber en que me pode axudar a rede eures transfronteiriza?
Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2022. A Fundación Galicia Europa, co apoio da Eurocidade Chaves-Verín AECT e ADRAT (Associação de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega), organiza o vindeiro 15 de setembro de 2022 a xornada “Europa e a Mocidade” na sede de ADRAT (Chaves). O evento desenvólvese no marco do proxecto “Xuventude Embaixadora Dixital para Pemes”, aprobado polo programa Erasmus+ e está dirixido a toda a poboación xuvenil de entre 18 e 30 anos, especialmente en situación de paro ou desemprego, de zonas illadas e rurais ou periféricas. Tamén poderá asistir a sociedade en xeral, asociacións empresariais, asociacións xuvenís, centros de secundaria, entidades públicas e privadas, medios de comunicación e/ou novos empresarios.
Se queres seguir a xornada presencial ou telematicamente, deberás inscribirte. Podes facelo premendo aquí
Nesta Xornada presentaranse as plataformas que servirán de apoio ao proxecto DYAS e aos mozos en toda a súa formación. Estas plataformas propiciarán e achegarán as actividades para desenvolver no proxecto: Portal Europeo da Mocidade, eTwinning, EPALE, Plataforma da estratexia da UE para a mocidade, EURES e faremos unha especial énfase no Europass (CV europeo).
Co apoio do Instituto Portugués do Deporte e da Mocidade (IPDJ) e coa Rede Eures Transfronteiriza coñeceremos de primeira man estas plataformas para ir marcando desde o inicio do proxecto DYAS o teu pasado, presente e futuro profesional, así como aprenderemos e analizaremos en que me pode axudar a rede Eures transfronteiriza.
A sesión finalizará cunha actividade práctica: en directo e cos asistentes poderemos realizar un CV Europeo, que poderá ir deseñando desde un inicio o road map dos novos embaixadores dixitais.
Podes consultar o programa da xornada neste enlace.
Xuventude Embaixadora Dixital para pemes
Xuventude Embaixadora Dixital para pemes (Dixital Youth Ambassadors for SMEs- DYAS) é un proxecto aprobado e financiado pola Axencia Nacional Portuguesa Erasmus+ JA. Erasmus+ (2021-2027) é o programa da Comisión europea nos campos de Educación, Formación, Mocidade e Deporte, que promove a inclusión social, as transicións verdes e dixitais e a participación dos mozos na vida democrática.
Os principais obxectivos que guiará a DYAS son: incrementar as oportunidades laborais e as capacidades persoais da mocidade das zonas rurais, en termos de dixitalización, uso de ferramentas e plataformas dixitais; mellorar a eficiencia empresarial e a competitividade das pequenas empresas, debido á súa evolución en termos de dixitalización e competencias nos mercados dixitais e promover o intercambio de coñecementos e experiencias entre os mías novos e empresas, así como promover a creación de novos negocios por parte da xuventude.
A súa finalidade é abordar a transformación dixital e capacitar aos mozos, as pemes e as institucións involucradas. Os resultados esperados son a mellora das capacidades formativas e profesionais; un mellor coñecemento das ferramentas dixitais; a integración nas súas comunidades locais e mellora das capacidades das PEME.