Santiago, 3 de maio de 2019. O pasado 2 de maio o equipo da Fundación Galicia Europa desprazouse ao Campus Vida da USC para impartir unha charla na Facultade de Dereito. Esta actividade está incluída nas IV Xornadas sobre saídas laborais para graduados en Dereito, organizadas polo Decanato da facultade. Cristina Dans Iglesias e Valentín Gómez-Iglesias foron introducidos por Marta Otero Crespo a unha audiencia interesada nas oportunidades laborais que se lles presentan tras a súa etapa universitaria.

Durante a exposición fíxose especial referencia ás bases para facer un bo currículo, á importancia de manter actualizado un portafolios profesional e ás prácticas que ofrecen as institucións europeas.