- Tras cinco anos da súa posta en marcha, LIDERA contribuíu á promoción e ó desenvolvemento económico transfronteirizo en Galicia e na rexión Norte de Portugal
- Ao longo de dúas xornadas, os socios de LIDERA intercambiarán ideas e propostas sobre emprendedorismo e empregabilidade xuvenil e estudarán medidas de acción local para a Axenda para a Innovación das Políticas de Xuventude 20-30
Bragança. 25 xuño de 2021. A Fundación Galicia Europa reúnese hoxe cos seus socios do proxecto LIDERA, para analizar e facer balance das numerosas actuacións levadas a cabo ao abeiro deste proxecto europeo.
Tras cinco anos da súa posta en marcha, LIDERA contribuíu á promoción e ó desenvolvemento económico transfronteirizo en Galicia e na rexión Norte de Portugal, con actividades encamiñadas ó fomento das capacidades laborais, do emprendemento xuvenil e á rentención do talento.
Durante o encontro na “MEXE Ibérica: encontro mostra xuventude emprendedora”, que se estenderá ata mañá sábado, os socios de LIDERA intercambiarán ideas e propostas sobre emprendedorismo e empregabilidade xuvenil, estudarán medidas de acción local para a Axenda para a Innovación das Políticas de Xuventude 20-30 e abordarán o proxecto Juvibéria. Preto de 100 asistentes e, en directo en streaming, mozos da Galicia e do Portugal poderán seguir o encontro.
Son socios do proxecto a Fundación Galicia Europa, a Direción Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cámara Santiago de Compostela, o Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesa (FNAJ) e a Comunidad Intermunicipal do Ave.