• O 18 de setembro en Pontevedra, a FGE participará nunha mesa de debate sobre internacionalización empresarial neste encontro de referencia sobre emprendemento 
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020. Invitada pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a FGE participará este venres, 18 de setembro, na 
sétima edición do Pont Up Store en Pontevedra, iniciativa organizada polo Campus Crea da Universidade de Vigo co obxectivo de apoiar o emprendemento e a cultura emprendedora na sociedade. Será ás 18 h, na mesa de debate organizada e presentada polas entidades Ticket2Europe e Espazo Arroelo.

O obxectivo deste debate é promover o encontro empresarial entre entidades de Galicia e Norte de Portugal, así como poñer en valor o traballo de cooperación transfronteirizo realizado no propio LIDERA e noutros proxectos europeos de Galicia e Portugal nos que colaboran as distintas entidades e empresas participantes na sesión.
Debido ás circunstancias actuais de restricións en Pontevedra para actividades
presenciais causadas pola COVID-19, todo o evento será en formato dixital e gratuíto,
previa inscrición.
Esta actividade enmárcase dentro da programación da Cámara de Comercio no
proxecto LIDERA, proxecto de coperación transfronteiriza cofinanciado polo Programa
Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). LIDERA ten como
obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través da posta
en valor das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do
territorio.
Porgrama venres, 18 de setembro de 2020
  • 18:00 h Construíndo pontes: Encontro con persoas emprendedoras onde potenciar a importancia da cooperación transfronteiriza no emprendemento. Como crear redes internacionais.
Participantes:
A experiencia do CONECTADOS SUMAMOS. Proxecto LIDERA: Pilar del Oro (Fundación Galicia Europa)
Programa Erasmus para Mozos Emprendedores: Belén Mendoza (Cámara de Comercio de Santiago)
Experiencias innovadoras de colaboración:
– Vida Láctea
– Dinamo 10 e Creative Habitat
– Sports for the world
Modera África Rodríguez, de Espazo Arroelo
  • 19:00 h Volvendo ás orixes: Encontro con diferentes entidades para descubrir os espazos creativos que están a xurdir no rural galego. Posta en coñecemento das iniciativas de emprendemento realizadas desde o rural.
Participantes:
– Villa Regina (Santa Comba)
– Anceu Coliving (Ponte Caldelas)
– Espazo Matrioska (As Neves)
– A Bananeira (Illa de Arousa)
Modera María Lusquiños, da Polinizadora
Máis información: