Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » A Eurocidade Chaves-Verín celebra unha reunión de seguimento do proxecto Erasmus DYAS

A Eurocidade Chaves-Verín celebra unha reunión de seguimento do proxecto Erasmus DYAS

11/04/2023 | ,

— A Fundación Galicia Europa é socia deste proxecto que promove a inclusión social, as transicións verdes e dixitais e a participación dos mozos na vida democrática

Chaves-Verín, 4 de abril de 2023. A semana pasada tivo lugar un encontro en liña para o seguimento do proxecto Erasmus+ “Mozos Embaixadores Dixitais das Pemes” (Digital Youth ambassadord for SMEs-DYAS). Na reunión participaron representantes das entidades socias do proxecto, que discutiron a súa programación e as próximas accións a desenvolver cedo.

Ao longo desta reunión fíxose un repaso dos eventos nos que se presentou o proxecto DYAS o longo dos últimos meses, así como das reunións realizadas para promover a participación nas accións deste proxecto. Nesta reunión acordáronse os prazos de execución das próximas accións e acordouse lanzar, nas próximas semanas, as preinscricións para que mozas e empresas interesadas no proxecto poidan manifestar o seu interese en formar parte nas accións.

DYAS ten como obxectivo formar a mozos nas áreas de dixitalización e comunicación. Ademais, xeraranse dinámicas para compartir este coñecemento coas pequenas empresas do territorio da Eurocidade Chaves-Verín. Este é un proxecto pioneiro que busca superar as trabas existentes para xerar dinámicas fluídas, didácticas e prácticas que revertan na poboación que busca formarse e incorporarse ao mercado laboral, á vez que apoia ás pequenas e medianas empresas no ámbito da dixitalización. Esta é unha prioridade na axenda da Unión Europea e no ámbito dos principios reitores da Eurocidade Chaves-Verín na súa axenda 2030.

Digital Youth Ambassadors for SMEs

Digital Youth Ambassadors for SMEs (DYAS) é o programa da Comisión Europea nos campos da Educación, Formación, Mocidade e Deporte, que promove a inclusión social, as transicións verdes e dixitais e a participación dos mozos na vida democrática. A súa finalidade é abordar a transformación dixital e capacitar aos mozos, as pemes e as institucións involucradas. Os resultados esperados son a mellora das capacidades formativas e profesionais; un mellor coñecemento das ferramentas dixitais, a integración nas súas comunidades locais e mellora das capacidades das pemes.

Os socios do proxecto son a Asociación para o Desenvolvemento da Comarca do Alto Tâmega (ADRAT) e a Fundación Galicia Europa (FGE) co obxectivo principal de abordar a transformación dixital a través do desenvolvemento de competencias dixitais e a súa formación.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data