Actualidade
Portada » Actualidade » Análise FGE da actualidade comunitaria »
A demografía na axenda europea
Análise en clave galega da “Demografía europea”, presente na axenda da UE e que é un reto que afecta a múltiples ámbitos como a economía, a sanidade, a migración ou o medio ambiente.
Ao comezo do novo mandato da Comisión Europea 2019-2024, a súa nova presidenta, Úrsula Von der Leyen, decidiu crear por primeira vez unha carteira dedicada á democracia e á demografía. A Comisión Europea comprometeuse a comprender e dar resposta ao reto demográfico.