Actualidade

Portada » Actualidade » A Comisión respalda unha avaliación preliminar positiva da segunda solicitude de pago de España no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia

A Comisión respalda unha avaliación preliminar positiva da segunda solicitude de pago de España no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia

30/06/2022 |

— O 30 de abril de 2022, España presentou a Comisión unha solicitude de desembolso de 12 000 millóns de euros en forma de axuda non reembolsable con cargo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. A Comisión levou a cabo a súa avaliación preliminar da solicitude no prazo de dous meses previsto no Regulamento do MRR e acaba de aprobala.
— O 27 de decembro de 2021 desembolsouse a España un primeiro pago por valor de 10 000 millóns de euros e outros 9 000 millóns en concepto de prefinanciación o 17 de agosto de 2022.
— Actualmente a Comisión xa enviou a súa avaliación preliminar positiva do cumprimento por parte de España dos fitos e obxectivos necesarios para este pago ao Comité Económico e Financeiro (CEF) do Consello, pedindo o seu ditame o cal debe emitirse nun prazo máximo de catro semanas.

Bruxelas, de 30 de xuño de 2022.– A Comisión Europea vén de aprobar unha avaliación preliminar positiva da segunda solicitude de pago de España de 12 000 millóns de euros en subvencións no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), o instrumento clave de NextGenerationEU.

 

O 30 de abril de 2022, España presentou á Comisión unha solicitude de pago baseada na consecución dos 40 fitos e obxectivos establecidos na Decisión da Execución do Consello para o segundo tramo, entre os que se inclúen investimentos e reformas nos ámbitos da transición ecolóxica e xusta, o mercado laboral, as pensións, as profesións reguladas, a conectividade dixital e a I+D. Outros ámbitos cubertos son a sanidade, a educación, o apoio aos grupos vulnerables, o espírito empresarial e as microempresas, a prevención da fraude fiscal e a fiscalidade ecolóxica, así como un gasto público eficaz e sostible.

 

As autoridades españolas han acompañado a solicitude de probas detalladas e exhaustivas que demostraban o cumprimento dos 40 fitos e obxectivos. Como esixe o Regulamento do MRR, España tamén confirmou que non se reverteron as medidas relacionadas cos fitos e obxectivos previamente cumpridos de forma satisfactoria. Antes de presentar a súa avaliación preliminar positiva da solicitude de pago, a Comisión evaluou exhaustivamente esta información.

 

O plan de recuperación e resiliencia de España  abarca medidas moi amplas de investimento e reforma divididas en trinta apartados temáticos. O plan contará co apoio de 69 500 millóns de euros en subvencións, dos cales o 13 % (9 000 millóns) xa se desembolsaron a España en concepto de prefinanciación o 17 de agosto de 2022. Ademais, o 27 de decembro de 2021 desembolsouse a España un primeiro pago por valor de 10 000 millóns de euros.

 

Os pagos con cargo ao MRR baséanse nos resultados e dependen de que os Estados membros efectúen os investimentos e reformas expostas nos seus plans de recuperación e resiliencia.

 

Seguintes etapas

A Comisión enviou agora a súa avaliación preliminar positiva do cumprimento por parte de España dos fitos e obxectivos necesarios para este pago ao Comité Económico e Financeiro (CEF) do Consello, pedindo o seu ditame. O ditame do CEF, que debe emitirse nun prazo máximo de catro semanas, debe terse en conta na avaliación da Comisión. Tras o ditame do CEF, a Comisión adoptará a decisión final sobre o desembolso da contribución financeira, de conformidade co procedemento de exame, mediante un procedemento de comité de comitología. Tras a adopción da Decisión pola Comisión, poderá desembolsarse a suma a España.

 

A Comisión avaliará futuras solicitudes de pago de España en función do cumprimento satisfactorio dos fitos e obxectivos indicados na Decisión de Execución do Consello, o que reflectirá os avances na execución dos investimentos e as reformas.

 

Os importes desembolsados aos Estados membros publícanse no cadro de indicadores de recuperación e resiliencia, que mostra os avances na execución dos plans nacionais de recuperación e resiliencia.

 

Máis información: Comisión Europea

Evaluación preliminar

Preguntas y respuestas sobre la solicitud de pago de España con cargo a NextGenerationEU

La Comisión desembolsa un primer pago de 10 000 millones EUR a España en el marco del

Comunicado de prensa: «La Comisión Europea adopta una evaluación preliminar positiva de la solicitud por parte de España de un pago por valor de 10 000 millones de euros con cargo al Mecanismo de Recuperación y Resiliencia»

Comunicado de prensa: «La Comisión Europea desembolsa 9 000 millones de euros de prefinanciación para España»

Comunicado de prensa: «La Comisión Europea aprueba el plan de España»

Decisión de Ejecución del Consejo relativa a la aprobación de la evaluación del plan de recuperación y resiliencia de España y anexo

Documento de trabajo de los servicios de la Comisión: análisis del plan de recuperación y resiliencia de España

Ficha informativa: Plan de recuperación y resiliencia de España

Preguntas y respuestas: la Comisión Europea aprueba el plan de España

 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data