Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Brexit » A Comisión inicia un procedemento de infracción contra o Reino Unido e presenta posibles solucións para facilitar a circulación de mercadorías entre Gran Bretaña e Irlanda do Norte

A Comisión inicia un procedemento de infracción contra o Reino Unido e presenta posibles solucións para facilitar a circulación de mercadorías entre Gran Bretaña e Irlanda do Norte

17/06/2022 | ,

– A Comisión Europea inicia un procedemento de infracción contra o Reino Unido por non cumprir o Protocolo sobre Irlanda/Irlanda do Norte.

– Ao mesmo tempo, a Comisión ofrece detalles adicionais sobre posibles solucións para facilitar a circulación de mercadorías entre Gran Bretaña e Irlanda do Norte. Como é habitual, a Comisión procederá en estreita colaboración e diálogo constante co Parlamento Europeo e o Consello.

 

Bruxelas, 17 de xuño de 2022.- A Comisión Europea vén de iniciar un procedemento de infracción contra o Reino Unido por non cumprir partes importantes do Protocolo sobre Irlanda/Irlanda do Norte. Trátase dun claro incumprimento do dereito internacional. Polo que o obxectivo deste procedemento de infracción é restablecer o cumprimento do Protocolo nunha serie de ámbitos crave nos que o Reino Unido non o aplicou correctamente, e protexer a saúde e a seguridade dos cidadáns da UE.

Ao mesmo tempo, a Comisión ofreceu detalles adicionais sobre as posibles solucións que presentou en outubro de 2021 para facilitar a circulación de mercadorías entre Gran Bretaña e Irlanda do Norte. Os documentos de posición explican como pode facilitarse significativamente a circulación de mercadorías entre Gran Bretaña e Irlanda do Norte. A Comisión pide ao Goberno do Reino Unido que se comprometa seria e constructivamente con estas solucións suxeridas. Como é habitual, a Comisión procederá en estreita colaboración e diálogo constante cos colexisladores.

 

Infraccións

En primeiro lugar, a Comisión decidiu levar o procedemento de infracción iniciado o 15 de marzo de 2021 á súa segunda fase, emitindo un ditame motivado.

Este procedemento de infracción iniciouse como consecuencia de que o Reino Unido non aplicou correctamente o Protocolo, en particular no que respecta a os requisitos de certificación para a circulación de produtos agroalimentarios. O ano pasado deixouse en suspenso cun espírito de cooperación construtiva para buscar solucións conxuntas co Reino Unido. Con todo, a Comisión estima que a falta de vontade do Reino Unido para establecer un debate significativo desde febreiro -e a acción unilateral desta semana- vai directamente en contra deste espírito.

Se o Goberno británico non responde no prazo de dous meses, a Comisión estudará a posibilidade de levar ao Reino Unido ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

En segundo lugar, a Comisión tamén decidiu iniciar dous novos procedementos de infracción contra o Reino Unido por:

  • Non cumprir as obrigacións que lle impoñen as normas sanitarias e fitosanitarias da UE. En particular, o Reino Unido non realiza os controis necesarios e non garante a dotación de persoal e infraestruturas adecuadas nos postos de control fronteirizo de Irlanda do Norte. Tamén publicou unhas directrices que teñen o efecto de inaplicar a lexislación da UE.
  • Non facilitar á UE determinados datos estatísticos sobre o comercio de Irlanda do Norte, como esixe o Protocolo.

 

Todo isto marca o inicio dos procesos formais de infracción. Ademais, nas cartas pídese ao Reino Unido que adopte rapidamente medidas correctoras para restablecer o cumprimento dos termos do Protocolo. O Reino Unido ten dous meses para responder as cartas.

A Comisión tamén estipulou que está disposta a adoptar outras medidas adicionais.

Máis detalles para aplicar os acordos que faciliten a circulación de mercadorías entre Gran Bretaña e Irlanda do Norte, atopando así solucións conxuntas co Reino Unido e garantindo a seguridade xurídica e a previsibilidade para os cidadáns e as empresas de Irlanda do Norte.

En dous documentos de posición, a Comisión concretou os acordos que presentou en outubro de 2021 no ámbito das normas aduaneiras e sanitarias e fitosanitarias, co obxectivo de mostrar que se poden atopar solucións dentro do Protocolo. A Comisión cre que o diálogo e cooperación abren o camiño á resolución dos problemas de aplicación relacionados coas aduanas e as medidas sanitarias e fitosanitarias.

 

Antecedentes

Tras longas e intensas discusións entre a UE e o Reino Unido, o Protocolo é a solución atopada para conciliar os retos creados polo Brexit. O Protocolo é parte integrante do Acordo de Retirada. Evita unha fronteira dura na illa de Irlanda, protexe o Acordo de Venres Santo (Belfast) de 1998 en todas as súas dimensións e garante a integridade do mercado único da UE.

 

Más información: Comisión Europea

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data