Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Cohesión » A Comisión Europea aproba máis de 320 millóns de euros para a cooperación transfronteiriza entre España e Portugal

A Comisión Europea aproba máis de 320 millóns de euros para a cooperación transfronteiriza entre España e Portugal

24/08/2022 |

— Supón o maior programa de cooperación transfronteiriza da Unión Europea para o período 2021-2027 cunha achega de maís de 320 millóns de euros.

— O programa, denominado Programa Interreg VA España-Portugal (POCTEP), promove proxectos de cooperación transfronteiriza entre as rexións transfronteirizas de España e Portugal co apoio da Unión Europea.

Bruxelas, 24 de agosto de 2022 – A Comisión Europea vén de aprobar o maior programa de cooperación transfronteiriza da Unión Europea para o período 2021-2027, denominado «Programa Interreg» «POCTEP» para a cooperación entre as rexións transfronteirizas de España e Portugal. O programa recibirá unha achega da UE de máis de 320 millóns de euros para o período 2021-2027.

O programa apoiará un amplo número de puntos como a cooperación transfronteiriza a través de redes de pequenas e medianas empresas para mellorar a investigación e a transferencia de coñecemento. Tamén financiará proxectos para mellorar a eficiencia enerxética dos edificios públicos e apoiar o turismo sostible, a preservación do patrimonio cultural, a mellora das infraestruturas sanitarias e a formación profesional das persoas que viven en rexións transfronteirizas.

Na súa intervención na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións (CdR), que se celebrou en Atenas os días 23 e 24 de xuño, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, salientou a importancia de que a UE siga apoiando as rexións transfronteirizas europeas, como Galicia, a través de accións destinadas a reforzar a cooperación nas fronteira interiores da UE.

Elisa Ferreira: “O programa POCTEP aproveita todo o potencial da cooperación entre as rexións fronteirizas de España e Portugal, creará emprego, promoverá a transición climática e enerxética e garantirá unha mellor asistencia sanitaria”

Elisa Ferreira, Comisaria de Cohesión e Reformas, salientou: “Estou satisfeita de que se aprobe o maior programa de cooperación transfronteiriza de Europa. Moitos dos retos aos que se enfrontan actualmente as rexións europeas só poden afrontarse cunha cooperación rexional maior. O programa POCTEP aproveita todo o potencial da cooperación entre as rexións fronteirizas de España e Portugal, creará emprego, promoverá a transición climática e enerxética e garantirá unha mellor asistencia sanitaria ás persoas que viven nestas rexións”.

 

Interreg

A Cooperación Territorial Europea (CTE), máis coñecida como “Interreg”, é un dos dous obxectivos da política de cohesión e proporciona un marco para a execución de accións conxuntas e de intercambio de políticas entre axentes nacionais, rexionais e locais dos distintos Estados membros.

A aprobación deste 30º programa Interreg, adoptado para o período 2021-2027, supón a asignación a Interreg de máis de 4.000 millóns de euros de financiamento no marco do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Más información: Comisión Europea

Interreg España-Portugal

 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas