A COMISIÓN EUROPEA APOSTA POR NOVAS POLÍTICAS QUE FAVOREZAN A INDUSTRIA EUROPEA E AS PEMES

No contexto da revisión a medio camiño da Estratexia de Lisboa, a Comisión
Europea lanzou no pasado mes de abril e como resposta ó mandato da última Cumbre
de Primavera, o seu proxecto trienal (2005-2008) para o crecemento e o emprego,
dirixido ós Estados membros para que presentasen a finais de outubro os seus
Plans Nacionais de Reforma. Na actualidade, non é ningún segredo cos obxectivos
previstos na Cumbre de Lisboa de 2000 non se acadaron todavía, nin existen
moitas esperanzas de acadalos de aquí ó 2010.


O crecemento e o emprego convértense desta forma no principal desafío da
Unión Europea e a súa plena consecución, o obxectivo a lograr por tódolos
actores (non se pode olvidar cunha visión estratéxica de tal calibre só será
alcanzable si reúne ós Estados miembros, ós actores rexionais e locais, ós
axentes sociais e a propia Unión Europea). Esta visión integrada, simplificada e
conxunta é o motor que intentará facer crecer a  economía e o mercado de
traballo europeo.


E dentro destos obxectivos, a Comisión Europea vén de destacar a necesidade
de mellorar e desenvolver unha nova política industrial europea, destinada a
reforzar a competitividade da industria manufactureira no conxunto da Unión
Europea especialmente fronte á potencias crecentes coma China ou a India. Esta
nova política serve de acompañamento ós esforzos dos Estados membros para
consolidar este sector a nivel mundial, e ten en conta o feito de que este
sector emprega a máis de 30 millóns de traballadores e constitúe un pilar
fundamental no crecemento da economía europea.


Esta nova proposta da Comisión Europea divídese en dúas grandes accións,
previstas tanto para finais de 2005 coma durante o 2006 e 2007:


1.-Sete novas iniciativas políticas intersectoriais sobre os seguintes
asuntos:


-Dereitos de propiedade intelectual e falsificación.
-Grupo de alto nivel
sobre a competitividade, a enerxía e o medio ambiente.
-Aspectos externos da
competitividade e o acceso ó mercado.
-Novo programa de simplificación
lexislativa.
-Mellora das cualificacións sectoriais.
-Xestión do cambio
estructural na industria manufactureira.
-Planteamento europeo integrado
sobre a investigación e a innovación industrial.


2.-Sete iniciativas ou accións sectoriais novas:


-Creación dun foro sobre productos farmacéuticos.
-Revisión intermedia da
estratexia sobre ciencias da vida e a biotecnoloxía.
-Grupos de alto nivel
nas industrias de defensa e químicas.
-Programa espacial europeo.
-Grupo
de traballo sobre a competitividade das tecnoloxías da información e da
comunicación (TIC).
-Diálogo sobre política da inxeniería
mecánica.
-Estudos sobre a competitividade das diferentes industrias
europeas.


Documento completo sobre esta nova política industrial europea


Esta nova política industrial coincide coa presentación polo comisario de
Industria e Empresa Günter Verheugen dun proxecto de comunicación (prevista para
finais de outubro) relativo ó futuro das políticas sobre as PEMES na Unión
Europea. Esta nova proposta da Comisión Europea intégrase tamén nese
partenariado entre o crecemento e a creación de empregos lanzado este ano, e
pretende dar un novo impulso ó reforzo da competitividade das PEMES europeas.
Neste proxecto de comunicación a Comisión quere pór o acento en catro ámbitos
prioritarios: a innovación, o acceso ó financiamento (destacando en este eido as
melloras propostas no novo Programa para a Competitividade e a Innovación (CIP)
lanzado este ano pola Comisión Europea), a creación de condicións que favorezan
a sensibilización do espíritu de empresa e por último a reducción das trabas
administrativas e regulamentarias.


Finalmente e en relación coa industria automobilística, o pasado 6 de outubro
tivo lugar no Parlamento Europeo unha audiencia pública sobre o grupo de alto
nivel “CARS 21”, creado especialmente este ano para adoptar as recomendacións
necesarias que favorezan a competitividade da industria do automóbil europea. O
comisario Verheugen que participou nesta audiencia destacou a importante labor
deste grupo á hora de intentar integrar de forma coherente toda a
regulamentación existente neste eido para clarificar e facer máis eficaz o
conxunto de normas que a nivel europeo rixen este importante sector da economía
da Unión.