A COMISIÓN EUROPEA ADOPTOU UNHA DECISION POLA QUE SE ESTABLECE O COMITÉ CIENTÍFICO, TÉCNICO E ECÓNÓMICO DA PESCA

A Comisión Europea adoptou unha Decisión, publicada no Diario Oficial da Unión Europea do pasado 31 de agosto, pola que establece o Comité Científico e Económico da Pesca (CCTEP). Esta Decisión adoptouse de conformidade co Regulamento de decembro de 2002 sobre a reforma da PCP.


A execución da PCP precisa da asistencia de expertos científicos altamente cualificados, principalmente no eido da bioloxía mariña, ecoloxía mariña, ciencias da pesca, tecnoloxías dos instrumentos pesqueiros e economía da pesca. Con este fin adoptouse no ano 1993 a Decisión 619/93 pola que se establece o CCTEP. A necesidade de adoptarse as novidades da reforma do 2002 e de renovar os membros do Comité obrigou a Comisión Europea a aprobar unha nova Decisión (2005/629), publicada o pasado 31 de agosto.
Esta derradeira Decisión establece que “a  intervalos regulares, o cando o considere necesario, a Comisión solicitará a opinión do CCTEP, que este emitirá en forma de dictames, sobre os asuntos relacionados coa conservación e xestión de recursos” (aspectos biolóxicos, económicos, medioambientais, sociais e técnicos). O CCTEP  tamén pode presentar a súa opinión por iniciativa propia en relación con estes asuntos. Por último, o  CCTEP deberá, con carácter anual, presentar un informe sobre as seguintes cuestións:


– As implicación económicas da situación dos recursos pesqueiros.
– A evolución das actividades pesqueiras, tendo presente os factores biolóxicos, ecolóxicos, técnicos e económicos.
– Avaliación de outros factores económicos que inflúen na pesca.


O Comité estará composto de 30-35 membros, que serán designados entre expertos científicos en bioloxía mariña, ecoloxía mariña, ciencias da pesca, etc. Para o seu recrutamento, está previsto a publicación no DOUE dunha convocatoria de manifestacións de interés. Os  criterios de selección serán: experiencia, equilibrio xeográfico, etc. Os candidatos considerados aptos, pero que non sexan seleccionados, pasarán a formar parte da lista de reserva a que se deberá recorrer para posibles substitucións.


Na actualidade e ata finais de 2005, o CCTEP conta con 2 membros españois: Juan Antonio Camiña e Celso Fariña.