A COMISIÓN EUROPEA ADOPTA UNHA PROPOSTA DE DIRECTIVA PARA MELLORAR A SAÚDE DOS PEIXES NO EIDO DA ACUICULTURA
A Comisión Europea acaba de adoptar unha proposta de Directiva có obxectivo de simplificar e actualizar a lexislación comunitaria existente no eido da acuicultura e máis concretamente, en materia de sanidade de peces, moluscos e crustáceos. A normativa actual que se pretende consolidar nun único texto legislativo é a seguinte:
1. Directiva 91/67/CEE do Consello, de 28 de xaneiro de 1991, relativa as condicións de policía sanitaria aplicables a comercialización de animais e productos da acuicultura;
2. Directiva 93/53/CEE do Consello, de 24 de xuño de 1993, pola que se establecen medidas comunitarias mínimas de loita contra determinadas doenzas dos peixes;
3. Directiva 95/70/CE do Consello, de 22 de decembro de 1995, pola que se establecen as normas comunitarias mínimas necesarias para o control de determinadas doenzas dos moluscos bivalvos.
A Comisión Europea suliña que a proposta pretende actualizar a lexislación e os procedementos existentes, de maneira que as normas de comercialización de animais e productos da acuicultura sexan conformes coas normas establecidas pola Oficina Internacional de epizootias.
A Comisión anuncia que a proposta presentada reflexa un cambio no enfoque ata agora adoptado. De cara o futuro, o obxectivo é evitar a aparición de doenzas en cada estado da cadea de producción en lugar de actuar no momento da súa aparición.
Opina que a proposta está dotada da flexibilidade necesaria para que se poidan adoptar solucións a nivel rexionais ou local para a prevención de doenzas e para a loita contra as mesmas. Pola súa banda, os Estados membros deberán de garantir a aplicación dunhas medidas de control adecuadas e establecer programas de loita e de erradicación, plans de intervención para as epidemias de doenzas emerxentes ou exóticas.
Por outra banda, a proposta prevé a concesión de axudas con cargo o Fondo Europeo da Pesca para os supostos nos que se deberá adoptar medidas obrigatorias para a erradicación de doenzas non exóticas.
Por último, para esta proposta se aplica o procedimento de consulta. Por tanto, os trámites necesarios para aprobación da mesma son os seguintes: envío da proposta ó Consello e o Parlamento, posterior adopción dun dictamen por parte do Parlamento Europeo (que non é vinculante) e, finalmente aprobación final da proposta por maioría cualificada por parte do Consello.