Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Política de Competencia »A Comisión aproba un réxime de axudas español por valor de 837 millóns de euros
— A Comisión Europea aprobou un réxime de axudas español por valor de 837 millóns de euros para apoiar a produción de baterías para a cadea industrial de vehículos eléctricos e conectados co fin de fomentar a transición cara a unha economía con cero emisións netas, en consonancia co Plan Industrial do Pacto Verde.
Bruxelas, 8 de xuño de 2023. A Comisión Europea aprobou un réxime de axudas español por valor de 837 millóns de euros para apoiar a produción de baterías para a cadea industrial de vehículos eléctricos e conectados co fin de fomentar a transición cara a unha economía con cero emisións netas.
O réxime foi aprobado en virtude do Marco Temporal de Crise e Transición relativo ás axudas estatais, adoptado pola Comisión o 9 de marzo de 2023 para apoiar medidas en sectores crave para acelerar a transición ecolóxica e reducir a dependencia do combustible. O novo Marco modifica e prorroga en parte o Marco Temporal de Crise para permitir aos Estados membros apoiar a economía no contexto da actual crise xeopolítica.
As axudas españolas
España notificou á Comisión un réxime de axuda por un importe de 837 millóns de euros para apoiar a produción de baterías para a cadea industrial de vehículos eléctricos e conectados. Conforme este réxime, que se financiará parcialmente a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), concederase axuda en forma de subvencións e préstamos directos.
En particular, a axuda incentivará a produción de equipos pertinentes para a transición cara a unha economía con cero emisións netas; e concederase como moi tarde o 31 de decembro de 2025. A Comisión concluíu que o réxime español é necesario, adecuado e proporcionado para acelerar a transición ecolóxica e facilitar o desenvolvemento de determinadas actividades económicas, que son importantes para a aplicación do Plan Industrial do Pacto Verde. Sobre esta base, a Comisión aprobou estas axudas conforme as normas correspondentes da UE.
Contexto
A Comisión Europea adoptou un novo Marco Temporal de Crise e Transición para fomentar medidas de apoio en sectores crave para a transición cara a unha economía con cero emisións netas, en consonancia co Plan Industrial do Pacto Verde. Xunto coa modificación do Regulamento Xeral de Exención por Categorías (RGEC) que a Comisión aprobou o mesmo día, o Marco Temporal de Crise e Transición contribuirá a acelerar o investimento e o financiamento destinadas á produción de tecnoloxías limpas en Europa. Tamén axudará aos Estados membros a cumprir proxectos específicos no marco dos plans nacionais de recuperación e resiliencia que se atopen dentro do seu ámbito de aplicación.
O Marco Temporal de Crise e Transición prevé a posibilidade de que os Estados membros concedan os tipos de axudas seguintes:
- Importes limitados de axuda.
- Apoio á liquidez en forma de garantías estatais e préstamos bonificados.
- Axudas para compensar os elevados prezos da enerxía.
- Medidas para acelerar a utilización de enerxías renovables.
- Medidas que faciliten a descarbonización dos procesos industriais.
- Medidas destinadas a apoiar a redución da demanda de electricidade.
- Medidas para seguir acelerando os investimentos en sectores crave para a transición cara a unha economía con cero emisións netas.
As medidas especialmente importantes para acelerar a transición ecolóxica e reducir a dependencia dos combustibles estarán en vigor ata o 31 de decembro de 2025.
Máis información: Comisión Europea