• Esta iniciativa ofrece a emprendedores noveis e persoas que desexan crear unha empresa a oportunidade de aprender de empresarios experimentados que dirixen pequenos negocios noutros países da Unión Europea
  • O programa permite adquirir maior confianza nas propias habilidades, coñecementos específicos no sector e técnicas de xestión, ademais de establecer redes de contactos sólidas

Bruxelas, 14 de xullo de 2016. A Cámara de Santiago está participando no proxecto IPEYE2, unha iniciativa que facilita a mobilidade de novos emprendedores e o intercambio de coñecementos con empresarios experimentados en Europa, no marco do Programa >Erasmus para Novos Emprendedores. Del forman parte socios de sete países que seleccionarán aos mozos participantes –con menos de tres anos de traxectoria no emprendemento- ou potenciais emprendedores –cun plan de negocio viable- para axudalos no seu salto ao mundo empresarial e que tamén pode supoñer vantaxes para as empresas locais que se beneficien da súa presenza na empresa. O programa opera en 37 paises con axuda de puntos de contacto locais, que no caso de España é a Cámara de Comercio de Santiago.

Grazas ao programa, os mozos van adquirir as habilidades necesarias para crear e dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa e intercambiar ideas de negocio con empresarios experimentados cos que colaborarán durante períodos de entre 1 e 6 meses. A estancia está parcialmente subvencionada pola Comisión Europea.

Emprendedores noveis e potenciais emprendedores

Poden participar no programa aqueles emprendedores con empresas de menos de tres anos de vida ou que estean ideando un proxecto empresarial. Deben falar polo menos unha segunda lingua e ser residentes permanentes nun dos 37 países participantes no programa. Deben estar dispostos a contribuir ao desenvolvemento do negocio do empresario de acollida.

Os anteriores participantes na convocatoria destacan que o programa lles permitiu adquirir maior confianza nas propias habilidades, coñecementos específicos no sector e técnicas de xestión, ademais de establecer redes de contactos sólidas.

A inscrición no programa pode facer dende o seguinte enlace, seleccionando a Cámara de Comercio de Santiago como punto de contacto local.

Empresas de acollida

O programa ofrece tamén múltitples ventaxas ás empresas locais que se validen como entidades de acollida, ofrecéndolle ao novo emprendedor a posibilidade de traballar conxuntamente e aportar ideas innovadoras ao negocio.

Socios de sete países

No programa participan socios de oito países: o Instituto de tecnología de Limerick (Irlanda), Cámara de Comercio de Limerick (Irlanda) ECLEE (Francia), Olympic Training (Grecia), ODTU (Turquía),Cámara de Comercio de Praga (Rep. Checa), Dare Futuro (Italia) e a propia Cámara de Comercio de Santiago (España).

Fonte: Cámara de Comercio de Santiago

Guía do programa