Actualidade

Portada » Actualidade » A axuda da UE á poboación de Ucraína

A axuda da UE á poboación de Ucraína

17/03/2022 |

—  Fronte á invasión militar de Ucraína por parte de Rusia, a UE está a axudar ás persoas a través da axuda humanitaria directa, a protección civil de emerxencia, o apoio nas fronteiras e un estatuto xurídico claro que permita a quen foxe da guerra recibir protección inmediata na UE.

—  A Comisión Europea propón a modificación dos regulamentos de fondos estruturais do período 14-20 para facilitar que os recursos que quedan por executar poidan utilizarse para cubrir as necesidades das persoas que foxen da invasión de Ucraína.

 

Bruxelas, 18 de marzo de 2022. – A UE está a axudar ás persoas que foxen da guerra en Ucraína, así como aos países da UE que as acollen. Esta axuda dispoñible abarca:.

  • Axuda humanitaria: vanse destinar 500 millóns de euros do orzamento da UE para facer fronte ás consecuencias humanitarias da guerra, tanto dentro como fóra de Ucraína. Desa cantidade, xa están en camiño 90 millóns de euros de axuda humanitaria, dos cales 85 millóns de euros son para Ucraína e 5 millóns de euros para Moldavia para fornecer alimentos, auga, asistencia sanitaria e aloxamento, e para contribuír a satisfacer as necesidades básicas dos máis vulnerables. Trátase da maior activación da historia do Mecanismo de Protección Civil da UE para facer chegar artigos ás persoas necesitadas en Ucraína e aos países veciños a fin de apoiar a todos os que foxen da guerra.
  • Apoio á xestión de fronteiras: a Comisión Europea publicou directrices operativas para axudar aos gardas de fronteiras dos Estados membros a xestionar as chegadas ás fronteiras con Ucraína e reducir o tempo de espera, mantendo a seguridade. As axencias da UE tamén están a enviar persoal e achegando coñecementos especializados para apoiar aos Estados membros, destinándose, por exemplo, 49 membros do persoal de Frontex ás fronteiras entre a UE e Ucraína e entre Moldavia e Ucraína, e outras 162 persoas a Romanía. Moldavia tamén recibirá 15 millóns de euros adicionais para axudarlle a xestionar a situación.
  • Protección das persoas que foxen e apoio á capacidade de acollida: a UE activou a Directiva sobre protección temporal para achegar seguridade ás persoas necesitadas, ofrecéndolles dereitos a axudas sociais, acceso ao mercado laboral e educación. Ademais, adoptou o 18 de marzo unha serie de directrices operativas para axudar aos Estados membros a aplicar a Directiva onde se aclaran as persoas con dereito a protección temporal e se especifican as probas necesarias para acollerse a devandita protección, entre outros. A Comisión coordinará unha «plataforma de solidariedade» na que os Estados poidan intercambiar información sobre a capacidade de acollida. Os fondos para asuntos de interior para o período 21-27 tamén achegarán recursos adicionais aos Estados para garantir unhas instalacións de acollida adecuadas e uns procedementos de asilo eficaces. A UE propón, ademais, prorrogar o período de execución dos fondos dispoñibles para os Estados membros no marco do Fondo de Asilo, Migración e Integración 14-20, co que se liberarían uns 420 millóns de euros de axuda adicional. Publicarase neste sitio web información para garantir que o apoio ás persoas que foxen da guerra poida chegar a través de organizacións de confianza e satisfacer as necesidades.
  • Acción da política de cohesión en favor dos refuxiados en Europa: a Comisión Europea presentou a proposta lexislativa «Acción de cohesión para os refuxiados en Europa» (CARE, polas súas siglas en inglés), que introduce catro cambios principais na normativa dos fondos estruturais 14-20:
    • A posibilidade de cofinanciamento do 100% da UE para o exercicio contable 2021-2022;
    • A posibilidade de utilizar recursos do FEDER ou do FSE para calquera tipo de medidas de apoio ás persoas que foxen de Ucraína. Polo tanto, permítese unha total flexibilidade para a transferencia de recursos entre ambos os fondos con este obxectivo. En concreto, a investimentos en educación, emprego, vivenda, servizos sanitarios e de atención á infancia no caso do FEDER e, no caso do FEAD, a asistencia material básica, tales como alimentos e roupa.
    • Gasto elixible con carácter retroactivo a partir da data de inicio da invasión rusa (24 de febreiro de 2022);
    • Simplificarase a presentación de informes e a adopción da notificación do programa. 

Estas modificacións deberán ser agora aprobadas polo Parlamento e o Consello pero, tal e como se fixo con REACT-EU, podería facerse de forma rápida, nun par de semanas. Ademais, os 10 000 millóns de euros de REACT-EU previstos para 2022 tamén se poderán utilizar este fin, sen necesidade de modificar o regulamento correspondente. 

 

Contexto

O 24 de febreiro de 2022, as forzas armadas rusas iniciaron a invasión de Ucraína. Como consecuencia desta agresión, extensas zonas do territorio ucraíno son agora zonas de guerra das que foxen moitas persoas. Mediante a intensificación da axuda humanitaria en Ucraína e o apoio financeiro e operativo aos Estados membros e Moldavia, a UE e os Estados membros ofrecen protección a quen foxe da guerra. A UE tamén reaccionou á agresión de Rusia adoptando sancións severas.

Máis información: 

  • Comunicación sobre la solidaridad europea con los refugiados y quienes huyen de la guerra en Ucrania
  • Sitio web: Reubicación en la UE: información para las personas que huyen de la guerra en Ucrania
  • Comunicado de prensa – Ucrania: Financiación de cohesión para apoyar a las personas que huyen de la invasión rusa de Ucrania
 
 
 
 
 
 
 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data