Actividades

Portada » Actividades » Bolsas » 2019 » 9ª Edición de TecEuropa (11 ao 15 de novembro – Bruxelas, 26 de novembro – Santiago)

9ª Edición de TecEuropa (11 ao 15 de novembro – Bruxelas, 26 de novembro – Santiago)

A Fundación Galicia Europa (FGE) organiza a novena edición do seu programa TecEuropa de especialización en financiamento comunitario, cunha oferta de 20 prazas para a formación de persoal de entidades galegas interesadas en participar en proxectos europeos.
A primeira parte desta edición vaise desenvolver do 11 ao 15 de novembro en Bruxelas. A segunda parte terá lugar o día 26 de novembro en Santiago de Compostela. O anuncio da convocatoria publicouse no DOG o 8 de agosto, dando comezo a un prazo de inscricións que se estendeu ata o 9 de setembro a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código do procedemento: PR816A). 
A listaxe provisional cos candidatos admitidos e excluídos no proceso de selección fíxose pública o 18 de setembro de 2019, establecéndose un prazo de 10 días hábiles -ata o 2 de outubro- para presentar reclamacións. 
Tralo proceso de selección realizado pola comisión de valoración, o 15 de outubro publicouse a listaxe provisional de persoas seleccionadas para esta 9ª edición do programa TecEuropa, tendo un prazo de tres días hábiles -ata o 18 de outubro- para presentar alegacións.
O 22 de outubro publicouse a listaxe definitiva de seleccionados para participar nesta 9ª edición do programa TecEuropa, xunto cun modelo de aceptación da praza. A través deste documentos, as persoas adxudicatarias deben comunicar a súa aceptación ou renuncia por escrito no prazo de dez días hábiles dende o día seguinte ao da publicación desta resolución.
A continuación, pode consultar toda a documentación relativa a esta 9ª edición de TecEuropa. 
Última actualización: 06 de novembro de 2019 

Documentos para descarga