Actividades

Portada » Actividades » Bolsas » 2018 » 6ª e 7ª Edición de TecEuropa

6ª e 7ª Edición de TecEuropa

A Fundación Galicia Europa (FGE) organiza dúas novas edicións, de 20 prazas cada unha, do programa TecEuropa de especialización en materia de financiamento comunitario; formación dirixida ao persoal das entidades galegas interesadas en participar en proxectos europeos.
A primeira parte das dúas edicións celebrarase de forma conxunta en Bruxelas durante os días 26 e 30 de novembro. A segunda parte terá lugar en Santiago os días  11 e 12 de decembro, para a primeira edición, e 13 e 14 decembro, para a segunda a edición. 
O anuncio da convocatoria publicouse no DOG o 10 de agosto, dando comezo a un prazo de inscricións que se estendeu ata o 10 de setembro. A presentación de solicitudes é obrigatoria para os empregados públicos e preferente para o resto de candidatos  (código do procedemento: PR816A). 
O 26 de setembro publicouse a lista provisional de admitidos e excluidos, para a que se poden presentar reclamacións ata o 10 de outubro. 
O 16 de outubro publicouse a listaxe provisional de seleccionados, á que se pode presentar alegacións ata o 30 de outubro. 
O 6 de novembro publicouse a resolución sobre a concesión das 40 prazas do programa TecEuropa para o 2018. As persoas adxudicatarias deberán comunicar a súa aceptación ou renuncia por escrito no prazo de tres días hábiles, ata o 9 de novembro (inclusive), mediante a presentación do anexo IV da convocatoria cumprimentado.
Última actualización: 21 de novembro de 2018

Documentos para descarga