Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

9ª Edición de TecEuropa (11 ao 15 de novembro - Bruxelas, 26 de novembro- Santiago)

A Fundación Galicia Europa (FGE) organiza a novena edición do seu programa TecEuropa de especialización en financiamento comunitario, cunha oferta de 20 prazas para a formación de persoal de entidades galegas interesadas en participar en proxectos europeos.

A primeira parte desta edición vaise desenvolver do 11 ao 15 de novembro en Bruxelas. A segunda parte terá lugar o día 26 de novembro en Santiago de Compostela. O anuncio da convocatoria publicouse no DOG o 8 de agosto, dando comezo a un prazo de inscricións que se estendeu ata o 9 de setembro a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código do procedemento: PR816A). 

A listaxe provisional cos candidatos admitidos e excluídos no proceso de selección fíxose pública o 18 de setembro de 2019, establecéndose un prazo de 10 días hábiles -ata o 2 de outubro- para presentar reclamacións. 

Tralo proceso de selección realizado pola comisión de valoración, o 15 de outubro publicouse a listaxe provisional de persoas seleccionadas para esta 9ª edición do programa TecEuropa, tendo un prazo de tres días hábiles -ata o 18 de outubro- para presentar alegacións.

O 22 de outubro publicouse a listaxe definitiva de seleccionados para participar nesta 9ª edición do programa TecEuropa, xunto cun modelo de aceptación da praza. A través deste documentos, as persoas adxudicatarias deben comunicar a súa aceptación ou renuncia por escrito no prazo de dez días hábiles dende o día seguinte ao da publicación desta resolución.

A continuación, pode consultar toda a documentación relativa a esta 9ª edición de TecEuropa. 

Última actualización: 06 de novembro de 2019 


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante