Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa TecEuropa de especialización en materia de financiamento comunitario 2018

A Fundación Galicia Europa (FGE) organiza dúas novas edicións, de 20 prazas cada unha, do programa TecEuropa de especialización en materia de financiamento comunitario; formación dirixida ao persoal das entidades galegas interesadas en participar en proxectos europeos.

A primeira parte das dúas edicións celebrarase de forma conxunta en Bruxelas durante os días 26 e 30 de novembro. A segunda parte terá lugar en Santiago os días  11 e 12 de decembro, para a primeira edición, e 13 e 14 decembro, para a segunda a edición. 

As bases reguladoras da convocatoria publicáronse no Diario Oficial de Galicia (DOG) o día 2 de agosto de 2018. A publicación no DOG está acompañada de todos os anexos e formularios para completar a solicitude. 

O anuncio da convocatoria publicouse no DOG o 10 de agosto, contando a partir desa publicación cun mes de prazo para presentar as solicitudes, preferentemente, de maneira telemática (código do procedemento: PR816A). A presentación electrónica é obrigatoria para os empregados públicos.  


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante