Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18 de febreiro (Santiago de Compostela). Foro Galego do Brexit: Galicia ante o Brexit

A Xunta de Galicia, en colaboración co Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, organiza o vindeiro luns 18 de febreiro ás 9.15 horas unha nova xornada do Foro Galego do Brexit baixo o nome ”Galicia ante o Brexit: Perspectivas, retos e oportunidades para as empresas galegas”.

O encontro terá lugar na Cidade da Cultura (salón de convencións, edificio Cinc) en Santiago de Compostela e contará coa participación de representantes do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e do ICEX, da embaixada do Reino Unido en España e da Comisión Europea.

Ao longo da xornada, que ten como obxectivo axudar ás pemes galegas a afrontar a saída do Reino Unido da Unión Europea, darase a coñecer o informe ”A empresa española e galega ante o Brexit. Como prepararse”. Ademais, debaterase sobre o estado actual das negociacións, así como das consecuencias da proposta de acordo transitorio en sectores estratéxicos e o seu impacto na economía galega.

 As inscricións na xornada deben tramitarse a través do seguinte correo electrónico: comunicacion@igape.es


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante